Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Nunca Máis».
 
Bandeira da plataforma Nunca Máis

  Locución adverbial

  1. Nunca Máis é unha plataforma cívica creada o 21 de novembro de 2002, poucos días despois de se afundir o barco petroleiro Prestige fronte ás costas galegas, orixinando unha grande marea negra. Esta organización aglutinou desde aquela a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsábeis. Con múltiplas manifestacións de variado carácter exixiu a declaración de Galicia como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.

Termos relacionados