Axuda:P+F
PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES SOBRE O WIKTIONARY
Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre o Wiktionary. Se a súa dúbida non está resolta nesta páxina, deixe unha mensaxe na Taberna.
Que é o Wiktionary? Cales son os seus obxectivos?
editarO Wiktionary é un dicionario de contido libre baseado na tecnoloxía wiki, a cal permite a súa edición por parte de calquera usuario dende un navegador web. O Wiktionary está dispoñible en moitas linguas e desenvólveno de xeito colaborativo centos de voluntarios que poden ser sumamente heteroxéneos, achegando, ademais de diferentes linguas, diferentes culturas e mesmo civilizacións.
Que é o Galizionario?
editarÉ o nome que a comunidade de editores lle deu ao Wiktionary en galego.
Como podo colaborar co Galizionario?
editarPodes colaborar de moitos e diversos xeitos: completando entradas, escribindo novas entradas, completando a etimoloxía das entradas, completando a transcrición fonolóxica das entradas, xuntando entradas nunha soa, e de outras moitas máis maneiras que se che poidan ocorrer! Sempre podes botar unha ollada ás tarefas pendentes cando queiras facer algo e non se che ocorra o que.
Que contidos podo escribir no Galizionario?
editarAcordouse[1] que, polo menos mentres o Galizionario non estea maduro, as súas entradas basearanse nas dun dicionario de galego común. Isto significa que, no que respecta ás entradas de palabras galegas, introduciranse as formas que aparecerían nun dicionario (masculinos ou xéneros neutros singulares, infinitivos, etc.), ás que se redireccionará ou ligará dende as páxinas das distintas formas destas palabras (femininos e plurais, conxugacións, etc.).
No que respecta a entradas noutras linguas, ligaranse ás distintas traducións dende a propia entrada, sen utilizar redireccións en caso algún. Dita tradución debería ter as menos palabras posibles. Se un termo ten tradución directa, debería abondar con iso. En caso de que non haxa tal é cando a tradución sería máis ben unha definición en galego.
Poderei empregar contidos procedentes do Wiktionary?
editarPor suposto que si. Sempre que os utilices respectando a súa licenza de uso. A licenza, así coma unha explicación máis completa dos termos de uso, están ligados na parte inferior de todas as páxinas do Galizionario (incluída esta).
En que lingua podo escribir no Galizionario?
editarO Galizionario é un dicionario en galego, polo que debes usar este idioma ao escribir entradas nel. Así que, se ben as entradas poden ser de palabras en calquera lingua coñecida, as definicións e explicacións han de estar escritas en galego.
As entradas creadas en castelán, en portugués, inglés, ou calquera outra lingua borraranse, pois xa existen as correspondentes versións do Wiktionary en máis de 200 linguas. Se tes dificultades coa lingua galega, podes buscar información na [[w:Normativa oficial do galego|normativa oficial}} ou no curso de galego.
Podo ver as diferentes modificacións que sufriu unha entrada dende a súa creación?
editarSi, é tan sinxelo como premer sobre a lingüeta «Ver o historial», onde poderás comparar as diferentes versións da páxina vendo os cambios que se realizaron en cada edición.
Podo incluír imaxes nas entradas?
editarNaturalmente. Mais ten en conta que moitas das imaxes que circulan pola rede non cumpren os criterios sobre os dereitos de autor. Se estiveses decidido a incluír imaxes nos artigos, deberías ler a política de uso de imaxes e tamén a axuda sobre como engadir imaxes.
Ademais, a mellor forma de buscar ou cargar imaxes que poden usarse en todos os proxectos da Wikimedia Foundation é mediante o sitio web Wikimedia Commons.
Pódense asinar as entradas?
editarNon. No Galizionario pode colaborar libremente toda aquela persoa que o desexe. Un mesmo artigo pode estar editado por varias persoas, polo que non tería sentido que estivese asinado. De todos os xeitos, as túas contribucións quedan recoñecidas no historial da páxina (preme na lingüeta superior «Ver o historial» para velo) co teu nome de usuario ─ou co enderezo IP se colaboras anonimamente─. O que si podes (e debes) é asinar os teus comentarios nas páxinas de conversa.
Quero colaborar, mais non estou seguro de saber como facelo...
editarSe non sabes como funcionan as páxinas wiki, olla a guía de edición. Nesa páxina atoparás os recursos máis utilizados no Galizionario, cos que poderás ter as nocións básicas para saber editar páxinas.
Notas
editar- ↑ O tema sobre o tipo de entradas que se pode facer no Galizionario discutiuse na Taberna.
Volver á páxina de Axuda. |