Xesús de Nazaret
Galego
Xesús de Nazaret
- (Relixión) Xesús de Nazaret tamén chamado Cristo, Xesucristo ou simplemente Xesús, nado ca. o ano 4 a.C. en Xerusalén, provincia de Xudea, Imperio romano, e finado entre o 30 ou 33 d.C., crucificado en Xerusalén, baixo o goberno de Poncio Pilato, foi un predicador e líder relixioso xudeu. É a figura central do cristianismo e unha das máis influentes da historia. Na actualidade e desde finais do século XX, a maioría dos historiadores da Idade Antiga afirman a existencia histórica de Xesús. Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nuna lectura crítica dos textos sobre a súa persoa, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea.