alcohol etílico
Galego
- Pronuncia: /al.ko.'ol eˈt̪i.li.ko/ (AFI)
alcohol etílico
- (Química) O alcohol etílico, tamén chamado alcohol absoluto, alcol e etanol (este último o nome da IUPAC) é un composto químico orgánico alifático cun grupo funcional hidroxilo, que forma parte da familia dos alcohois. A súa fórmula química é CH3-CH2-OH. En condicións normais de presión e temperatura preséntase como un líquido incoloro cun olor acedo parecido ao do vinagre. É moi inflamábel, e ten un punto de ebulición de 78 °C. Obtívose desde a antigüidade por medio de procesos fermentativos de azucres simples, podendo ser inxerido, actuando fisioloxicamente como unha substancia psicoactiva.
- Exemplo: O alcohol etílico é o principal produto das bebidas alcohólicas, como o viño, a cervexa, os licores ou as augardentes
.
- Exemplo: O alcohol etílico é o principal produto das bebidas alcohólicas, como o viño, a cervexa, os licores ou as augardentes