amina
Galego
- Pronuncia: /a.'mi.na̯/ (AFI)
amina (sg: amina; pl: aminas)
- (Química orgánica) Substancia derivada do amoníaco por substitución de un ou varios átomos de hidróxeno por radicais alifáticos ou aromáticos. As aminas alifáticas teñen como substituíntes só átomos de hidróxeno e alquilos, e as aromáticas teñen o átomo de nitróxeno unido a un anel aromático. Segundo se substitúan un, dous ou os tres hidróxenos, as aminas denomínanse primarias, secundarias ou terciarias, respectivamente.