atado de herbas
Galego
atado de herbas (sg: atado de herbas; pl: atados de herbas)
- (Alimentación) Conxunto de herbas aromáticas destinado a temperar pratos e mollos en diversas receitas culinarias, principalmente caldos, sopas e estufados. Pode estar constituído por un grande abano de ingredientes, tales como loureiro, pirixel, tomiño, apio, romeu, a folla do allo porro... Estes poden ser atados nun molliño cun fío de cociña, ou ben ser introducidos dentro dun saquiño de gasa. Internacionalmente é coñecido na gastronomía polo seu nome en francés bouquet garni.
Traducións
- Alemán: Bouquet garni (de), Kräutersträußchen (de)
- Castelán: bouquet garni (es), manojito de hierbas (es), atadillo de hierbas (es)
- Francés: bouquet garni (fr)
- Inglés: bouquet garni (en)
- Neerlandés: bouquet garni (nl)
- Polaco: bouquet garni (pl)
- Portugués: bouquet garni (pt)
- Xaponés: ブーケガルニ (ja) (būkegaruni)