Galego

 
Sacos
  •   Pronuncia: /'sa.ko̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

saco (sg: saco; pl: sacos)

  1. Recipiente semellante a unha bolsa pero, en xeral, máis grande e sen asas, aberto por un lado, que está feito con tecidos de lona, de tea resistente ou de coiro, papel ou de diferentes tipos de plástico.
    • Exemplo: Metimos as patacas nun saco.

  2. Contido deste recipiente e medida que representa.
    • Exemplo: Temos vinte sacos de arroz no almacén.

  3. (Bioloxía) Órgano ou parte do corpo, en forma de bolsa, que serve de recipiente.
    • Exemplo: As lágrimas acumúanse no saco lacrimal.

  4. (Historia) Vestido de tea basta que se usaba na antiga Roma en tempos de guerra.
    • Exemplo: Os lexionarios puxéronse os seis sacos.

Termos relacionados

caer en saco roto, meter no mesmo saco, saco aéreo, saco de durmir, saco embrional, saco lacrimal, saco polínico, saco vitelino, ser fariña doutro saco