Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «carpelo».
 
Froito de Cucumis metuliferus, orixinado dun ovario de 3 carpelos
  •   Pronuncia: /kaɾ.'pe.lo̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

carpelo (sg: carpelo; pl: carpelos)

  1. (Botánica) Cada unha das follas transformadas das plantas fanerógamas que constitúen o pistilo das flores.
    • Exemplo: Nas leguminosas, o desenvolvemento dos carpelos determina a formación dunhas únicas vaíñas ou legumes.