Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «carril».
 
Estrada con dous carrís
  •   Pronuncia: /'ka.ril/ (AFI)

  Substantivo masculino

  1. Marca de certa profundidade que deixa a roda dun carro ou doutro medio de transporte nun camiño.
  2. Abertura que se fai nun valo ou nun muro dunha leira para dar paso aos animais, ás persoas e aos carros.
  3. Cada unha das dúas barras de aceiro dispostas en paralelo e unidas que constitúen unha vía de tren ou de tranvía.
  4. Parte dunha estrada, limitada xeralmente por unha banda lonxitudinal no chan, que está destinada á circulación de vehículos nun determinado sentido.

Termos relacionados

carril de aceleración