Galego

  •   Pronuncia: /'θes.ta/ ou /'ses.ta/ (AFI)

  Substantivo feminino

cesta (sg: cesta; pl: cestas)

 
Catro tipos de cestas
 
Xogador de cesta punta
  1. Recipiente feito de vimbios, vergas, varas ou outros materiais entretecidos e de diversas formas e tamaños segundo os usos, que pode ter ou non asas ou un arco polo medio.
    • Exemplo: A cesta do pan. A cesta da compra.

  2. (Deportes) Aro fixado a un taboleiro de plástico, madeira ou metal, do que colga unha rede aberta e por onde se debe pasar o balón no xogo do baloncesto.
    • {{exemplo|Houbo que cambiarlle a rede á cesta porque rompera. SINÓNIMO canastra
  3. (Deportes) Acción de introducir o balón neste aro.
    • {{exemplo|O árbitro deu por válida a cesta. SINÓNIMO canastra
  4. (Deportes) Pa cóncava e curvada, utilizada no xogo da pelota vasca, e feita de tiras de madeira ou doutro material trenzadas, que se suxeita coa man e serve para recoller e lanzar a pelota.
    • Exemplo: Os pelotaris saíron á pista coas cestas na man.

Observacións

  1. Nas acepcións 2ª e 3ª seu sinónimo é canastra.

Termos relacionados

cestada, cestaría, cesteiro, cestería, cesto, encestar

Véxase tamén

cesto