champiñón de París
Galego
- Pronuncia: /t͡ʃampiˈɲoŋðepaˈɾis/ (AFI)
champiñón de París (sg: champiñón de París; pl: champiñóns de París)
- (Alimentación) (Micoloxía) Cogomelo da familia dos Agaricaceae, de cor branca con manchas marróns claras, chapeu hemisférico de novo e na madurez plano convexo, pé curto, groso e cilíndrico, con anel simple membranoso e branco. A carne coloréase debilmente de cor rosácea ao corte. É comestíbel, de sabor doce.
- Nome científico: Agaricus bisporus, Agaricus bisporus var. bisporus.