faísca
Galego
- Pronuncia: /faˈiska̝/ (AFI)
faísca (sg: faísca; pl: faíscas)
- Folla acicular e sempre verde dos piñeiros que nas árbores da Galiza teñen dúas agullas.
- Partícula con lume ou reducida a cinza que salta dun corpo en combustión.
- Exemplo: As faíscas daquela fogueira semellaban pequenos lucecús.
- Sinónimos: charamela, charamusca, moxena, muxica.
- Exemplo: As faíscas daquela fogueira semellaban pequenos lucecús.
- Partícula de lume que se produce polo choque entre determinados corpos.
- (Meteoroloxía) Cada unha das porcións de auga conxelada que caen ao nevar.
- Conxunto de pequenas escamas brancas formadas no coiro cabeludo a partir de pel morta que se xunta entre os cabelos da cabeza.
Traducións
Véxase tamén
faísca
- Definición impropia: primeira e terceira persoas do tempo presente do verbo «faiscar».