gardar
(Redirixido dende gardámolo)
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués guardar, e este do latín vulgar wardō.
- Pronuncia: /ɡaɾ.ˈðaɾ/ (AFI)
gardar
- Procurar que algo ou alguén non sufra dano ou prexuízo.
- Exemplo: Os arqueiros gardan o castelo. O pastor gardaba as ovellas no prado
.
- Exemplo: Os arqueiros gardan o castelo. O pastor gardaba as ovellas no prado
- Poñer algo a salvo ou no lugar correspondente.
- Exemplo: Meu avó garda os cartos nunha caixa forte
.
- Exemplo: Meu avó garda os cartos nunha caixa forte
- Manter alguén algo no seu poder.
- Exemplo: Aínda gardo as cartas que me escribiu.
- Exemplo: Aínda gardo as cartas que me escribiu.
- Ter oculto.
- Exemplo: O asunto garda moitos misterios.
- Exemplo: O asunto garda moitos misterios.
- Continuar a ter, non perder un sentimento, unha actitude, unha posición etc.
- Exemplo: Ela, pase o que pase, garda a calma. Espero que non me gardes rancor.
- Exemplo: Ela, pase o que pase, garda a calma. Espero que non me gardes rancor.
- Permanecer durante un certo tempo nun determinado estado ou situación.
- Exemplo: Debe gardar repouso. Gardar silencio.
- Exemplo: Debe gardar repouso. Gardar silencio.
- Facer aquilo que está prescrito por unha lei, unha relixión, as conveniencias, etc.
- Exemplo: Sempre garda as normas de circulación.
- Exemplo: Sempre garda as normas de circulación.
- Conservar algo que pertence a unha persoa ou que está destinado a ela.
- Exemplo: Pediume que lle gardase a vez.
- Exemplo: Pediume que lle gardase a vez.
- Non gastar, ou facelo con moita medida.
- Exemplo: Garda as túas palabras. Garda os cartos, que tes que aforrar.
- Exemplo: Garda as túas palabras. Garda os cartos, que tes que aforrar.
- Deixar algo para máis tarde.
- Exemplo: Gardou a decisión para outro día.
- Exemplo: Gardou a decisión para outro día.
- Conservar algo na memoria con propósitos de vinganza.
- Exemplo: Este desplante gárdocho.
- Exemplo: Este desplante gárdocho.
- Tomar as precaucións necesarias contra os efectos prexudiciais de algo ou de alguén.
- Exemplo: No inverno gardámonos do frío. Neste prado gárdate das vívoras. Por se acaso, gardouse moito de abrir a boca
.
- Exemplo: No inverno gardámonos do frío. Neste prado gárdate das vívoras. Por se acaso, gardouse moito de abrir a boca