hisopo
Galego
hisopo (sg: hisopo; pl: hisopos)
- (Relixión) Instrumento de madeira ou metal constituído por un mango cun feixe de sedas ou cunha bóla cun burato capaz de reter e esparexer auga bendita.
- (Alimentación) (Botánica) Planta herbácea nativa de Europa meridional, Medio Oriente e o mar Caspio. Utilízase como herba aromática e como medicinal polas súas propiedades como antitusivo, expectorante e antiséptico.