Galego

  •   Pronuncia: /in.ka.ˈpaθ/ ou /in.ka.ˈpas/ (AFI)

  Adxectivo

incapaz (sg: incapaz; pl: incapaces)

  1. Que non ten capacidade ou aptitude para algo.
    • Exemplo: Este rapaz é incapaz de facer ben as contas.

  2. Que carece en xeral de aptitudes, de talento ou de intelixencia.
    • {{exemplo|Hai xente incapaz.
  3. Que non e capaz, pola súa natureza ou por decisión da súa vontade.
    • Exemplo: Ela é incapaz de mentir.

  4. (Dereito) Que carece de capacidade legal para exercer unha determinada función ou dereito.
    • Exemplo: Debido á súa enfermidade, declarárono incapaz para administrar a herdanza.

Termos relacionados

incapacidade, incapacitación, incapacitado, incapacitar