glúteo máximo
(Redirixido dende músculo glúteo máximo)
Galego
- Etimoloxía: de glúteo e máximo, do latín científico gluteus maximus.
glúteo máximo (sg: glúteo máximo; pl: glúteos máximos)
- (Anatomía) Músculo de forma cuadrilátera, o máis potente do ser humano, situado superficialmente na rexión glútea. Insírese na fosa ilíaca externa, crista ilíaca, tubérculos sacros posteriores e ligamento sacrociático maior, e vai rematar na liña áspera. A súa función é a de extensor e rotador externo da coxa pero, se o fémur está fixo, produce a elevación da pelve.
Sinónimos
Termos relacionados
- glúteo
- crista ilíaca
- liña áspera
- ligamento sacrociático
- rexión glútea
- tubérculo sacro posterior
- fosa ilíaca externa