merengue
Galego
merengue (sg: merengue; pl: merengues)
- (Música) Estilo musical, usualmente de ton alegre. Nacido na República Dominicana, onde máis se escoita a súa característica melodía, acompañada pola tambora (tambor de dous parches), a güira e o acordeón.
- (Alimentación) Doce tipo crema elaborado con claras de ovo batidas a punto de neve con azucre e cocidas ou non, que se adoita usar para cubrir ou reencher doces ou para comer así.