Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nitro».
 
Oficina salitreira en Chile
  •   Pronuncia: /ˈnitɾo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

nitro (sg: nitro; pl: nitros)

  1. (Química) Mestura de nitrato de sodio (NaNO3) e nitrato de potasio (KNO3) que se encontra naturalmente en grandes extensións de Suramérica, principalmente na rexión norte de Chile, e que se emprega polo xeral na fabricación de ácidos (nítrico, sulfúrico) e de nitrato de potasio; ademais é un axente oxidante, e é usado en agricultura Como fertilizante nitroxenado que pode substituír á urea polo seu alto contido en nitróxeno.
    • Sinónimos: salitre.
    • Exemplo: Outros usos do nitro son a fabricación de dinamita, explosivos, pirotecnia, medicina, fabricación de vidros, mistos, gases, sales de sodio, pigmentos, como conservante de alimentos, etc

      .
  2. (Química) Radical formado por un átomo de nitróxeno e dous de oxíxeno.