organismo unicelular
Galego
- Etimoloxía: de organismo e unicelular.
- Pronuncia: /oɾ.ɣa.ˈnis.mo u.ni.θe.lu.ˈlaɾ/ (AFI)
organismo unicelular
- (Bioloxía) Un organismo unicelular é un organismo que está constituído por unha soa célula, como son todas as bacterias, e protozoos como as amebas, os ciliados, etc. Os seres vivos que nos resultan familiares están constituídos por un conxunto de células, son os chamados organismos pluricelulares, aínda que na súa orixe tamén estes organismos proceden dunha única célula: todos os organismos pasan nun momento inicial da súa existencia por ser unha soa célula.
- Exemplo: Os organismos unicelulares constitúen a inmensa maioría dos seres vivos que poboan actualmente a Terra.
- Exemplo: Os organismos unicelulares constitúen a inmensa maioría dos seres vivos que poboan actualmente a Terra.