Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pluricelular».
 
Caracol, exemplo de animal pluricelular
  •   Pronuncia: /plu.ɾi.θe.lu.ˈlaɾ/ /plu.ɾi.se.lu.ˈlaɾ/ (AFI)

  Adxectivo

pluricelular (sg: pluricelular; pl: pluricelulares)

  1. (Bioloxía) Dise dun organismo que está constituído por máis dunha célula e que, usualmente, posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares (protozoos e bacterias, entre moitos outros) que realizan todas as súas funcións vitais nunha única célula.