Galego

  •   Pronuncia: /po.tɛŋ.'θjal/ ou /po.tɛŋ.sjal/ (AFI)

  Adxectivo

potencial (sg: potencial; pl: potenciais)

  1. Pretencente ou relativo á potencia, ou que ten potencia.
    • Exemplo: Enerxía potencial.

  2. Que existe en potencia, que posúe as condicións necesarias para manifestarse posteriormente.
    • Exemplo: Os piñeirais moi secos e quentes teñen lume potencial.

  3. (Gramática) Dito dun período, que expresa posibilidade.
    • Exemplo: O período potencial expresa situacións abertas.

Observacións

  Substantivo masculino

potencial (sg: potencial; pl: potenciais)

  1. (Física) Magnitude que determina a distribución das forzas entre dous puntos dun campo eléctrico, magnético, etc., un dos cales se considera situado no infinito.
    • Exemplo: A unidade de diferencia de potencial eléctrico é o volt.

  2. (Física) Función matemática que permite determinar a intensidade dun campo de forzas nun punto dado.
  3. (Figurado) Conxunto de medios ou posibilidades de que dispón un país, estado ou organismo.

Termos relacionados

diferenza de potencial, enerxía potencial