rigor mortis
Galego
- Pronuncia: /ʁi.ɡɔʁ/ /mɔʁ.tis/ (AFI)
rigor mortis
- O rigor mortis, expresión latina que se pode traducir como rixidez da morte, é un signo recoñecíbel da morte que é causado por un cambio químico nos músculos que causa un estado de rixidez e inflexibilidade nas extremidades, e unha dificultade para mover ou manipular o cadáver. A unha temperatura normal o rigor mortis adoita aparecer ás 3 ou 4 horas despois da morte clínica, e o rigor adoita ter un efecto completo sobre as 12 horas. Finalmente, o rigor mortis cede cando os músculos se descompoñen, proceso que é acelerado polo ácido láctico residual da obtención de ATP.