salseiro
Galego
- Pronuncia: [salˈsejɾo̝] (AFI)
salseiro (sg: salseiro; pl: salseiros)
- Escuma que levanta a proa dun barco no mar ao navegar, ou que se forma na costa ao bater o mar.
- Sinónimos: foula.
- Auga en pingas moi miúdas que ergue o vento do mar creando unha mesta néboa.
salseiro (ms: salseiro; mpl: salseiros; fs: salseira; fpl: salseiras)
- (Alimentación) Persoa encargada nunha cociña da partida que elabora os segundos pratos, xeralmente carnes, as súas salsas e gornicións; traballando xunto ao entremeseiro e demais persoal. Nunha cociña de volume grande desdóbrase nun grelleiro, nun asador ou rotisseur e nun peixeiro.