Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «substrato».
 
Perfil dun solo:
O - Materia orgánica
A - Solo
B - Subsolo
C - Rocha nai ou substrato
  •   Pronuncia: /suβsˈtɾa.to/ (AFI)

  Substantivo masculino

substrato (sg: substrato; pl: substratos)

  1. Dise de aquilo que está na base doutra cousa.
    • Exemplo: En cada unha das súas accións hai un substrato ético.

  2. (Bioloxía) Material sobre o que vive un organismo fixo.
    • Exemplo: Animais como os pólipos ou os percebes viven sobre substratos despois da súa fase larvaria.

  3. (Bioquímica) Substancia sobre a que actúa unha enzima.
    • Exemplo: A especificidade das encimas sobre o substrato depende de cada enzima.

  4. (Edafoloxía) Capa do solo que está debaixo do subsolo, e que pode ser rochoso ou de materiais sedimentarios.
    • Exemplo: En xeoloxía, o substrato chámase tamén rocha nai, base rocohsa ou substrato rochoso.

  5. (Lingüística) Lingua substituída por outra que inflúe nela dándolle certas características.
    • Exemplo: O substrato celta do galego-portugués.

  6. (Xeoloxía) Formación xeolóxica, xeralmente máis antiga ca outras que repousan sobre ela.
    • Exemplo: O substrato das rochas sedimentarias.

Termos relacionados

estrato