Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «taquiglósidos».
 
Equidna común ou de fociño curto
(Tachyglossus aculeatus)
  •   Pronuncia: /ta.ki.'ɤlɔ.si.ðo̯s/ (AFI)

  Substantivo masculino plural

taquiglósidos (sg: taquiglósido; pl: taquiglósidos)

  1. (Zooloxía) Familia de mamíferos prototerios da orde dos monotremos, a única da suborde dos taquiglosos (Tachyglossa), coñecidos vulgarmente como equidnas e que comprende catro especies hoxe existentes que, xunto co ornitorrinco, son os únicos membros vivos desta orde, os únicos mamíferos que poñen ovos. Comprede dous xéneros, Tachyglossus, cunha única especie Tachyglossus aculeatus, o equidna común, e Zaglossus, coas outras tres.
    • Exemplo: Os taquiglósidos viven en Australia e Nova Guinea.

Véxase tamén

equidna, monotremos, prototerios