vapor de auga
Galego
- Pronuncia: /baˈ.por de auga/ (AFI)
vapor de auga
- (Física) e (Tecnoloxía) O vapor de auga é un gas que se obtén por evaporación ou ebulición da auga líquida ou por sublimación do xeo. É inodoro e incoloro, a pesar do que poida parecer. As nubes ou o bafo branco dunha cazola ou dun conxelador, vulgarmente chamado "vapor", é o resultado de minúsculas gotas de auga líquida ou cristais de xeo.