Conversa usuario:Furagaitas/2009
NON EDITES ESTA PÁXINA
Aquí están están recollidas parte das conversas antigas de Furagaitas. Para deixarlle unha mensaxe nova faino aquí
administrador ?
editarOla Furagaitas ! Vai dar unha volta pola taberna. Non tivemos ocasión de discutilo : eu penso que seria unha mui boa cousa que concordaras para ser administrador : se pensas que podes vir vixiar maís ou menos a diario (agás vacacións, claro esta) e se sabes un pouquiño de inglés para entenderte cos de meta. Dende o tempo que ando por aca pareceme esto lóxico. Tamén penso que se non aparecen outros usuarios polo vindeiro mes, sera posible que nolos dous fagamos a proposta. Como ves tu esto ? O mellor é falar na taberna, por se veñen opinar máis usuarios e para cas cousas estén claras para comunidade. Saúdos Furagaitas Elvire 15:59, 24 febreiro 2009 (UTC)
Túneles
editarFuragaitas dixo: Ola Gallaecio, vexo que non che esquece o Galizionario. Moitas grazas.
Queríache comentar algo sobre a entrada tuneis que creaches. Por un lado recordar que o plural de túnel segundo a normativa oficial é túneles; pero no caso de seguir o modelo de formación de plural das palabras agudas, o plural debería levar til (túneis). Preferín non tocarlle á páxina sen saber a túa opinión. Un saúdo. 06:15, 13 abril 2009 (UTC)
- Pr'as edicións no Galizionario levo unha lista de palabras que, ben non sabía que existían, ben descubro que en realidade non existen, etc. E tiña apuntada "túneis". Cando a vin onte, non me imaxinaba por que a apuntara, e cambiei a "tuneis" pensando que o til estaba mal. Agora que me dis que o normativo é túneles, xa entendo por que a apuntara. :) Gracias. Vou cambialo agora mesmo. Gallaecio 10:34, 13 abril 2009 (UTC)
Graciñas
editarFuragaitas dixo: Moi boas. Únome á benvida e ofrézoche o meu apoio. A miña noraboa pola cantidade de artigos que creaches. Quero recordarche que aquí non podemos usar fontes con dereitos de autor. Ademais quería darche algún consello, logo de ver algunha das túas creacións:
- Para palabras admitidas polo VOLGa eu nunca usaría redireccións.
- Para categorizar por campo semántico empregamos o modelo {{sem|}} (Mira, por exemplo, os cambios que fixen en abertura).
- Nas traducións adoitamos poñer ligazóns a dentro do Galizionario, e non a outros Wiktionaries.
- Cando crees unha páxina co nome errado pódela "Mover" ó nome correcto (cando sexas usuario autoconfirmado, dentro de catro días).
Sigue así, xente coma ti é a que fai falla aquí!! Un saúdo. 02:05, 17 abril 2009 (UTC)
- Hoxe xa me dei conta do das redireccións. Pensei que deberían estar todas as palabras, pois poden ter étimos diferentes e, só por iso, deberían ter páxina propia. Revisarei o feito así que poida.
- Do artigo abertura non entendo isto: {{F|enda}}. Por que o escribiches así? Cando debo escribilo así?
- Desculpa se che dou moito chollo, pero tampouco acabo de entender isto:Nas traducións adoitamos poñer ligazóns a dentro do Galizionario, e non a outros Wiktionaries. Parece que queres dicir que hai que crear unha páxina no Galicionario para cada lingua (mellor dito, para cada termo), ¿poderías poñerme simplemente un exemplo para ver de imitalo? Revisarei tamén o feito e eliminarei esas redireccións.
- ¿Poderías indicarme o lugar, en caso de que o haxa, en que están recollidas as marcas do tipo {{-substf-}} ou {{Sem|}}. Sei que non reparei abondo nas páxinas de axuda, botei bastante tempo mirando artigos e cómo se creaban, ler as axudas éme tedioso; así que estea algo iniciado terei que facelo. Graciñas--Raspiñeiro 14:45, 17 abril 2009 (UTC)
- Confúndeme o que pasa en amarelle. A tradución pon "castelán: narciso", pero facendo click nesa ligazón só se ve o italiano. ¿Hai que incorporar a tradución ó español nesa páxina?--Raspiñeiro 14:55, 17 abril 2009 (UTC)
- Por favor, repara na palabra anano. Critica todo o criticable e indícamo. Canto máis "me critiques", mellor farei as cousas. Grazas--Raspiñeiro 15:26, 17 abril 2009 (UTC)
- Outra dúbida (non ten présa por ser respondida): ¿Que se fai cando a palabra caldo é unha tradución (italiano) e desexas crear esa palabra como galega?--Raspiñeiro 17:11, 17 abril 2009 (UTC)
- Por favor, repara na palabra anano. Critica todo o criticable e indícamo. Canto máis "me critiques", mellor farei as cousas. Grazas--Raspiñeiro 15:26, 17 abril 2009 (UTC)
- Confúndeme o que pasa en amarelle. A tradución pon "castelán: narciso", pero facendo click nesa ligazón só se ve o italiano. ¿Hai que incorporar a tradución ó español nesa páxina?--Raspiñeiro 14:55, 17 abril 2009 (UTC)
- Se o ves adecuado, mándame a fretir minchas (caramuxos na zona de Ferrol) e indícame simplemente páxinas de axuda. Estouche dando demasiada lata--Raspiñeiro 17:17, 17 abril 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ti pregunta canto queiras. Sinto non poder dedicarlle tanto tempo como quixera ó Galizionario, pero vou pasando por aquí con frecuencia. Noutro momento resolvereiche as dúbidas que me plantexaches. Polo de agora soa dúas cousas:
- Mira a etimoloxía de cabanel, e outras, penso que está errada.
- Durante o outono estivémonos plantexando moitas dúbidas existenciais, entre elas o modelo de artigo. Podes pasarte por Usuario:Furagaitas/mv, a Wiktionary:Taberna, a miña páxina de conversa, ou a páxina de conversa de Sobreira para ver de que vai o tema. Como vexo que vés con ganas quero que deas a túa opinión. 12:17, 18 abril 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ti pregunta canto queiras. Sinto non poder dedicarlle tanto tempo como quixera ó Galizionario, pero vou pasando por aquí con frecuencia. Noutro momento resolvereiche as dúbidas que me plantexaches. Polo de agora soa dúas cousas:
Dicionario visual
editar- Non sei cal é o procedemento habitual despois de propoñelo na Taberna, debo abrir unha votación ou hai que realizar máis pasos para a súa implementación.--O pimpín 14:07, 18 abril 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Boas. Perdoa por non contestar antes. Pola miña parte podes mover o teu "Dicionario visual" a un espazo común, por exemplo a Wiktionary:Dicionario visual. Supoño que xa serás usuario autoconfirmado, polo que na parte superior da páxina que queres mover debe aparecer a opción "Mover". Se non estás seguro de saber facelo pódoo facer eu (¡ollo! Isto quitaría a páxina do teu espazo de usuario, deixando unha redirección. Dígoo por se queres conservar unha copia no teu espazo). Un saúdo. 20:24, 20 abril 2009 (UTC)
Boas de novo
editarGrazas polas ligazóns e pola axuda, xa me fago unha idea, inda que mínima, do que hai por facer e dalgunhas dúbidas ou dificultades. A verdade é que me parece excelente o plantexamento dos temas nas subpáxinas de Usuario:Furagaitas/mv, pero desbórdame. Vou procurar colaborar, ir aprendendo, antes de me meter en cuestións estruturais, pois non me sinto preparado polo de agora. Iso non quere dicir que, se tes interese en que procure facer un labor concreto de tipo estrutural, poida intentalo. --Raspiñeiro 18:19, 18 abril 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ola Raspi. Desculpa por tardar en contestar. Tentarei responder ás cuestións que me plantexaches; non dubides en volver preguntar o que queiras.
- Respecto ó de {{F|enda}}: [[Fenda]] ligaría cun artigo que empeza por maiúscula; [[fenda]] ligaría cunha páxina que empeza por minúscula; {{F|enda}} empregaría o Modelo:F ({{F}}) para que a palabra se visualizase coa inicial en maiúscula, pero ligase ó artigo coa inicial en minúscula.
- Na sección Traducións preténdese poñer sempre ligazóns a artigos do Galizionario. Non nos limitamos a crear artigos en galego, senón en calquera lingua. Cando coinciden dúas ou máis palabras de igual forma gráfica (sexan en galego ou en calquera outro idioma) recóllense na mesma páxina. Personalmente prefiro poñer en primeiro lugar o galego e a continuación o resto de linguas ordenadas por orde alfabética. Nas outras linguas recoméndase non incluir definicións, só traducións ó galego (cos pertinentes comentarios). Exemplos: "casa", "agua". Espero con isto darche resposta ós casos de "caldo" e "amarelle".
- ¿A que te refires con "o lugar (...) en que están recollidas as marcas do tipo {{-substf-}} ou {{Sem|}}"? Podes mirar os respectivos modelos (Modelo:Sem e Modelo:-substf-) ou a Wiktionary:Lista de todos os modelos de artigo.
- En "anano" non vexo moito que criticar. Eu quizá non usase o "#" nos sinónimos, para evitar erros de numeración. Polo demais, non me parei moito nas definicións dos teus artigos, pero uns consellos: non empregar sinónimos nas definicións, e non repetir o nome da palabra a definir dentro da definición.
- Por último, creo que abusas do -glref- como cabeceira de lingua. Para cabeceira da lingua galega úsase normalmente o Modelo:-gl-, mentres o Modelo:-glref- se emprega cando na Galipedia existe un artigo co mesmo nome de páxina e relacionado coas súas definicións.
- Noraboa unha vez máis polo traballo que estás a facer. Dá gusto ver tanto movemento no Galizionario (e non Galicionario).
- As principais tachas que lle vexo ó Galizionario son a gran cantidade de páxinas sen definición (Categoría:Wiktionary:Páxinas_para_completar) e a ausencia de moitas palabras do léxico básico do galego (Usuario:Furagaitas/listaxe1 e Usuario:Furagaitas/listaxe2). Se te ves animado aquí hai traballo largo. 20:13, 20 abril 2009 (UTC)
- Unha cousa máis: os interwikis (as ligazóns a wiktionaries noutras linguas) fanse a páxinas de igual nome. Dígoo porque acabo de decatarme de que en pospor puxeches un cara pt:delongar. Como esta tarefa está automatizada a través de bots, eu suxíroche que non lle dediques moito tempo a iso, a non ser que teñas especial interes en algún interwiki. Un saúdo. 01:25, 21 abril 2009 (UTC)
- Graciñas. Lin detidamente a túa resposta, pero temo que hei de lela máis tranquilamente, meditando e/ou indo polo miúdo ás ligazóns que me suxires. Se teño dúbidas, xa che direi; a verdade é que non creo que teña moitas sobre os mesmos temas, pois a explicación que me dás paréceme clara, pero de parecer clara a asumir a cuestión ás veces hai camiño.
- Sobre o de definir con sinónimos supoño que te refires a que nalgunha definición puiden colocar exclusivamente sinónimos en vez de definir. Non creo que te refiras a que na definición se empreguen sinónimos ou equivalencias (sempre que sexa verdadeiramente definición). Procurarei non facelo máis. Grazas de novo--Raspiñeiro 18:09, 27 abril 2009 (UTC)
A páxina procede da páxina sema. Non sei se está ben creada ou se procede ou non creala. Ti dirás.
Ademais, non sei poñer isto: {{VarN|sema||s}}. ¿Como se pon?, ¿como se engade aí o adxectivo "denotativo"?
Non ten apuro que me respondas. Grazas de antemán--Raspiñeiro 16:04, 5 maio 2009 (UTC)
- Outra cousa. ¿Podería crear a categoría Categoría:Semántica?, ¿Debo propola antes?, se é así,¿onde debo propola?--Raspiñeiro 16:47, 5 maio 2009 (UTC)
- Xa Elvire actuou e creou a Categoría:Semántica, ademais vin como se escribe {{VarN||sema denotativo|semas denotativos}}. Podes, polo tanto, para non perderes tempo, non responderme. sexa como sexa, grazas--Raspiñeiro 18:47, 5 maio 2009 (UTC)
lagartixas
editarSegundo o Tesouro Informatizado de Lingua Galega, a forma é empregada con certa asiduidade. Eu penso que, malia non estar sancionada pola RAG, pódese incluír, pois ten unha certa tradición. Iso si, poderíase crear un marcador ao comezo dos artigos para as palabras non sancionadas pola RAG pero que teñen un certo uso, como "cecais". --Norrin strange 15:32, 9 maio 2009 (UTC)
- Tamén aparece carrillos e Jasús e ducias de vulgarismos e non por iso imos dicir que son formas correctas--O pimpín 16:31, 10 maio 2009 (UTC)
Andamio
editarEstou creando palabras de Usuario:Furagaitas/listaxe2. Encontreime co vocábulo "andamio" e por casualidade fun ó VOLGA. Observei que é incorrecto, o VOLGA propón estada. Vou crear esa entrada, pero non sei cómo se crea (se se debe crear) a voz andamio. --Raspiñeiro 22:32, 11 maio 2009 (UTC)
Agradecería que, cando tiveses tempo, pasases pola Taberna a dar a túa opinión. Intento que vaiamos chegando todos a un consenso e ir plasmándoo nunha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia. Un saúdo! -Gallaecio 16:14, 16 maio 2009 (UTC)
- Insisto no que di Gallaecio, e non precisamente conviña que opinases nos temas que abrín eu.--Raspiñeiro 19:14, 22 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Grazas por recordarmo, pero vou pouco e pouco. Aínda non lin o que se foi vertendo na Taberna. Levo tres semanas sen pasarme por aquí e o pouco tempo que teño quero dedicalo a ir repasando o que se foi facendo na miña ausencia, que non foi pouco. Creo que estades tratando temas cos que xa pelexei eu no outono, así que me gustaría participar na discusión. Dádeme tempo. Por certo, se fas o favor revisa as entradas compañeiro e significante, ambas da túa creación. Hai algún erro. Grazas de novo e noraboa polo traballo que estás facendo. 21:50, 22 maio 2009 (UTC)
Non sei cales son os erros. Supoño que o problema será o como presentei que poden ser adxectivos ou substantivos. Pero, se non se fai así, como se fai?--Raspiñeiro 16:54, 23 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Xa as modifiquei eu. Revisa os cambios para comprobar se estás de acordo. 17:03, 23 maio 2009 (UTC)
- Procurarei non cometer de novo eses erros, pero con tantas cousas na cabeza á hora de crear unha entrada, non é doado. Tentarei sistematizar máis o proceso para que non ocorra; dese xeito, se consigo sistematizalo, farei ademais menos edicións á hora de crear unha entrada. A verdade é que ando niso. Grazas tamén por revisar, é unha tranquilidade grande e dáme certa seguridade.
- Non deixes de avisarme cando haxa un erro, sempre poderei aprender algo--Raspiñeiro 17:19, 23 maio 2009 (UTC)
Furagaitas dixo: Pedín o borrado de dúas entradas que creaches (sección e significante), por conter partes copiadas doutro dicionario. Dígoo por se queres volver traballar sobre elas unha vez borradas. 20:29, 23 maio 2009 (UTC)
Significante
editarEstou inda mirando significante. Logo mirarei sección. A fonte de significante foi, para o primeiro significado, a wikipedia galega (literalmente: ...é a imaxe acústica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico. Engadín o concepto de "gráfica" da miña propia man, por entender que a definición non estaba completa sen ese termo.
Para os outros significados, unicamente mirei o dicionario CUMIO. Este dicionario pon unicamente o seguinte:
''Que significa.''
eu puxen:
2. Dise daquilo que ten importancia e non é obviable. 3. Dise daquilo que representa, equivale ou supón unha outra cousa.
Polo que entendo, e dígoo con total seguridade, que as outras definicións foron creadas por min na súa totalidade. Sería verdadeira mala sorte que coincidisen coa definición doutro dicionario.
Rógoche incorpores a fonte en que te baseas para poder escapulirme dela (por favor, indícame a definición), inda que, por moitos dereitos de autor que teñan, non teñen dereitos sobre a linguaxe e sobre unha posible coincidencia.
Agora mesmo reparo no de "sección".--Raspiñeiro 17:38, 26 maio 2009 (UTC)
Sección
editarDesculpa que alucine. É totalmente imposible que as miñas fontes coincidan no máis mínimo co resultado. Se non demostras en que te baseas, paréceme mal.
Vou ser claro:
Eu normalmente empreguei dous dicionarios en que basearme. Os dous téñoos no ordenador, mais un deles deixou de funcionar fai un par de semanas. Son o CUMIO e o da RAE. Cando fixen esa entrada, só puiden empregar o do CUMIO, e, desde logo, creo que fixen esa entrada empregando o caletre (poida que o dicionario da wikipedia en español e en portugués) e non o o dicionario.
Coloco a continuación o que pon o dicionario do CUMIO:
1. f. Cada unha das partes de que se compón un todo. 2. Acción e efecto de seccionar. 3. Xeom. Figura que resulta da intersección dunha superficie ou sólido con outra superficie. 4. Perfil ou figura que se obtería cortando un terreo, corpo, obxecto ou máquina por un plano. 5. Cada parte ou grupo distinto no que se divide un conxunto ou un todo continuo. 6. Cada grupo mandado por un oficial no que se divide unha compańía ou escuadrón.
Por favor, indícame a semellanza co artigo sección (espero que a haxa), o artigo pon:
1. Acto e resultado de dividir, fraccionar ou separar en partes. 2. Cada un dos elementos, considerados por separado, que conforman un todo, ou aqueles en que o todo foi dividido ou fragmentado. 3. (Xeometría) Figura resultante da intersección cunha superficie doutra superficie ou sólido. 4. Imaxe que se percibe cando se corta un corpo ou un terreo. 5. (Exército) Grupo en que se divide un escuadrón.
Vou ser claro (2):
Comprendo que os administradores teñan que empregar ás veces métodos expeditivos, pero non insultando. Se algo che parece incorrecto, podes borralo, seguindo as normas, os teus criterios e os teus principios; pero ameazar con borrar dúas entradas premeditadamente e sen xustificación presente na ameaza nin xustificación posible, non. Espero estar confundido e que me expreses a xustificación da túa marca de borrado; marca que por outra banda non acho e non existe.
Poida que esta sexa unha das palabras en que peor definín por me escapulir das definicións que traía o dicionario. Sinceramente, non creo que ningún dicionario traia unhas definicións paupérrimas como son as miñas por ese motivo. Mesmo é habitual en min procurar que o número de definicións total sexa diferente ó do punto de partida (frecuentemente porque non estou de acordo con que haxa varias definicións).
Espero explicación--Raspiñeiro 17:56, 26 maio 2009 (UTC)
- Procedo a revisar as revisións que fixeches das miñas colaboracións para aprender. Era o que pretendía facer hoxe cando cheguei. Agora fareino por ter medo a...--Raspiñeiro 18:09, 26 maio 2009 (UTC)
Nova resposta
editarLendo a túa mensaxe observo que indicas: Pedín o borrado....
¿Sería moito pedir que me indicases onde o pediches?, é que resulta que non sei onde se pode pedir tal cousa--Raspiñeiro 18:11, 26 maio 2009 (UTC)
- Xa revisei todas as miñas contribucións des que empecei a colaborar, reparando especialmente naquelas en que ti a posteriori editaches e reparando no que fixeches. Rógoche que se ves algún erro puntual nas próximas ou nas anteriores, o corrixas. Se o erro é estrutural, rógoche que mo comuniques para deixar de cometelo e corrixir o que non fixen correctamente (evidentemente só mirarei as miñas últimas contribucións). É a última vez que perdo tres horas facendo este labor. Saúdos--Raspiñeiro 20:26, 26 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Perdoa, non reparara en que deixaras máis comentarios. A ver...
- Sobre o de significante: ¿ves o texto en amarelo? Foi o que eliminei eu antes de comprobar que estaba copiado do Diccionario Cumio. E o feito de estar sen formato faino máis evidente.
- De sección a parte que copiaches do Cumio é a que aparece ó final de todo, a última liña, o punto 6. Ata copiaches o ń que aparece en vez do ñ no Diccionario Cumio electrónico (caracter que xa teño corrixido en máis artigos creados por ti).
- Penso que xa xustifiquei suficientemente o que me pedías. Que saibas que eu non son administrador, polo que non pretendía ameazarte con borrar ningún artigo teu. O administrador (mellor dito burócrata) éo Prevert, que foi a quen llo comentei. A ti díxencho porque crin conveniente que o soubeses, e por se unha vez borrados os artigos querías volver crealos sen a parte copiada. Síntoo moito se tes medo a..., pero eu desde que chegaches ofrecinche a miña axuda. Perdoa pero síntome agredido cos teus comentarios; levo máis de dous anos colaborando co Galizionario e penso que é a primeira vez que desconfían de min, e para máis inri un recén chegado. Se tes algunha dúbida non perdas de comentarma. E desculpa pola miña ausencia estes días; como me dixo hai uns meses outro gran colaborador do Galizionario... á vida non se lle poden poñer {{modelos}} nin bots. Un cordial saúdo. 00:23, 27 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Perdoa, non reparara en que deixaras máis comentarios. A ver...
Para aprender eu
editar¿Por que arriar bandeira é unha locución verbal e, en cambio, chover a canados é unha expresión?--Raspiñeiro 20:59, 26 maio 2009 (UTC)
- Desculpa pero non esquezas as entradas anteriores. ESPERO RESPOSTA--Raspiñeiro 23:24, 26 maio 2009 (UTC)
- Deste tema xa falaremos cando falemos dos anteriores--Raspiñeiro 23:28, 26 maio 2009 (UTC)
- Desde logo, inda que sei ben que entendías ben o que dicia eu cando che pedín que parases pola Taberna, non esperaba unha ausencia tamaña--Raspiñeiro 23:39, 26 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Boas. Pois igual estou errado, tampouco te fíes. Pero supoño que se non lle chamaron locución a chover a canados foi porque só tiñan o modelo {{-expres-}}; o modelo {{-locuc-}} non apareceu ata 3 anos despois de crear o artigo, e o modelo {{-locv-}} creeino eu hai uns meses. 23:20, 26 maio 2009 (UTC)
"recén" chegado
editarEste "recén" (castelanismo) chegado ten xa máis de 1000 edicións en quizais menos dun mes (as máis repetidas, pola dificultade do galizionario, que non é pouca).
Creo ser posible o ser considerado un usuario coma calquera outro, amentar se son novo ou non, pode proceder, pero non falando exclusivamente comigo. Descoñezo quen é administrador e quen non (pensei que ti o eras). Descoñezo o labor dos demais e nin sequera me interesa demasiado. O que quero saber é en qué paxina propuxeches o borrado desas entradas que dixeches que propuxeches para borrar para poder responder eu. ¿Quen é Prevert?, ¿é unha páxina?
Que eu deixase restos dunha definición posible procedente dun dicionario carece de importancia se non a copiei (tampouco é a primeira vez que ocorre, xa corrixiches erros meus coma ese cando menos unha vez -grazas-, se teño que buscar onde os corrixiches, buscareino e darei co caso se foi así). Intentarei que non suceda máis, pero quen sabe, son humano.
Dis que me ofreciches a túa axuda!!!!!!!!. AdmirO O TEU ATREVEMENTO CON ESA OBSERVACIÓN PORQUE MANDA... Non remato a secuencia, non vaia ser que me bloqueen, pero asegúroche que ninguén me axudou nada des que editei (ti, ben pouco), o mérito, se algo fixen ou fixese, é meu; aprendín na máis completa soidade. Ninguén me botou unha man cando as dúbidas eran (e son) moitas. Quizais poida facer mención a Elvire, inda que axiña vin que a súa axuda era limitada.
Semella que dis que non és administrador, pois menos mal. Desde fóra o teu papel como administrador sería nefasto, comigo foino. Inda máis:
Só che rogo unha cousa, dime o que está mal nos meus artigos para poder corrixilos eu, polo demais, salvo que sexan erros menores, se non mo dis directamente, non mo digas nunca. Se tes que dirixirte a unha paxina "prevert", a un adminsirador "prevert" ou a algo así, é o teu problema, pero a min, dáme todos os datos, non me agaches onde o propuxeches.
A pesar do dito, para min, tódalas cuestións expresadas nas anteriores mensaxes seguen vixentes, mesmo deben ser consideradas antes do que acabo de dicir (e hai moito que responder). Saúdos--Raspiñeiro 01:14, 27 maio 2009 (UTC)
- Certamente, sabendo que ti estás aquí, sabendo que ti podes revisar, tal e como te comportaches comigo, o que eu faga, creo que o preferible é deixar de editar e pasar de volver ata que haxa outros tempos. Eu, sigo esperAndo resposta das mensaxes anteriores:
- DIME ONDE VES O COPYVIO EN CADA UN DOS DOUS ARTIGOS QUE DIXECHES QUE MARCACHES, CAL É A TÚA FONTE E POR QUE? DIME ONDE O EXPRESACHES PARA PODER EXPRESARME EU
--Raspiñeiro 01:20, 27 maio 2009 (UTC)
- Algo a maiores si teño que dicir, ¿como os adminitrdors pasan de todo e deixan que os usuarios se queimen en conversas como as habidas na Taberns. ¿Non teñen nada que dicir? Eu xa me sinto queimado--Raspiñeiro 02:12, 27 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Desculpa, pero non preciso que me demostres nin a túa alta produtividade (que por certo, o número 1300 non me di nada nin de calidade, nin de coñecemento das regras, nin da túa cordialidade, máis ben todo o contrario) nin o meu asiduo uso de préstamos lingüísticos (cousa que en ningún momento ocultei, aínda que agradezo a túa advertencia). Ningunha destas dúas demostracións me fan cambiar de idea: nin do feito de crerme útil para axudar os novos colaboradores, nin do feito de crer que polo menos dous (se son máis anímote a que os busques para ben do proxecto) dos artigos que creaches conteñen información copiada dun dicionario comercial.
- Penso que xa xustifiquei sobradamente cales son as partes copiadas, polo que che pido desculpas por non repetilo agora (entendo que é a isto ó que te refires con "e hai moito que responder"). Engadirei unha: a miña páxina de conversa. Reproduciches unha entrada íntegra do Dicionario Cumio da lingua galega en CD Rom.
- Sinceramente non sei a que se debe tanta carraxe. Non sei en que che fallei. ¿En non prestarche axuda cando ma pediches? Laméntoo pero nos últimos días a miña vida privada tívome moi ocupado. En serio que non era a miña intención caerlle mal a ninguén, e ata agora penso que non o conseguira. Se dixen que non esperaba que un recén chegado desconfiase de min foi porque entendo que sen coñecerme practicamente de nada (de aí o de recén chegado), e sen maior motivo, non é de recibo que empregaras unha linguaxe de repulsión cara min con frases como "Desculpa que alucine", "Se non demostras en que te baseas, paréceme mal", "indícame a semellanza (...) espero que a haxa", "empregar ás veces métodos expeditivos, pero non insultando" (¿empreguei métodos expeditivos? ¡só pretendía terte informado! ¿Insultei?), "ameazar con borrar dúas entradas premeditadamente e sen xustificación" (creo que xa expliquei que nin podo borrar, nin era unha ameaza, e si está xustificado), "Agora fareino por ter medo a..." (parecemos nenos...). Por último, cando digo que llo comentei a Prevert quero dicir que o comentei na súa páxina de conversa, e se non citei as fontes foi porque ata o de agora os administradores confiaron en min. Lamento que ti non poidas. Espero que non mo tomes a mal e poidamos traballar "en amor e compañía". Parabéns polos teus 1300. 02:41, 27 maio 2009 (UTC)
- Vale, vale. Dá igual. Rectifico o dito e sinto o dano que puidese terche creado. Ánimo.
- Polo que respecta á edición na túa páxina de discusión dunha entrada (dúas en realidade), dicirche que non é un copyvio. Se tes un dicionario, podes facilitar tranquilamente unha definición a un amigo mentres non a publiques cunha licenza no dominio libre. A túa páxina de discusión é pública, pero só pública, non é igual có corpus do Galizionario.
- Supoño que son eu o que anda moi susceptible. Teríame gustado que me pedises explicacións antes de actuar rotundamente. Nada máis. Xa non estou cómodo, volverei cando poida estalo. Seguro que volverei.--Raspiñeiro 14:41, 27 maio 2009 (UTC)
- Por certo, sigo pensando que non estiveches atinado comigo, pero o que é culpa, culpa... non sinto que sexas culpable de nada e moito menos de nada importante. Sigo en desacordo co que dis: "Penso que xa xustifiquei sobradamente cales son as partes copiadas, polo que che pido desculpas por non repetilo agora". Comprenderás que non é viable para min seguir creando artigos e remoendo o "coco" para intentar expresar as cousas sen reproducir literalmente nada se o que fago se pon en cuestión polo xeito de facelo. Quizais non o fixese ben, eu creo que si, ti cres que non. O único certo é que, se cres que non e non me dis exactamente o porqué (eu entendo quenon mo dis), non pinto nada aquí. Volverei cando se me pase, supoño que se me pasará. Unha aperta--Raspiñeiro 14:53, 27 maio 2009 (UTC)
- Se che digo a verdade, todo isto só serve para autocuestionar todo o que fixen. Ó mellor estou confundido e non se pode ler un dicionario ou dous antes de editar (ademais de procurar nas wikipedias e outros). Quizais o único válido sexa deixar voar a mente libre e definir co que a un se lle ocorra. Eu non son precisamente un portento como para poder definir sen referencias. Creo que, se estás convencido do que dis, deberías propor todas as entradas en que eu participei para borrar. Iso si, xuraría que non hai nelas nada literal, inda que non me atrevería a poñer a man no lume--Raspiñeiro 15:22, 27 maio 2009 (UTC)
- Por certo, sigo pensando que non estiveches atinado comigo, pero o que é culpa, culpa... non sinto que sexas culpable de nada e moito menos de nada importante. Sigo en desacordo co que dis: "Penso que xa xustifiquei sobradamente cales son as partes copiadas, polo que che pido desculpas por non repetilo agora". Comprenderás que non é viable para min seguir creando artigos e remoendo o "coco" para intentar expresar as cousas sen reproducir literalmente nada se o que fago se pon en cuestión polo xeito de facelo. Quizais non o fixese ben, eu creo que si, ti cres que non. O único certo é que, se cres que non e non me dis exactamente o porqué (eu entendo quenon mo dis), non pinto nada aquí. Volverei cando se me pase, supoño que se me pasará. Unha aperta--Raspiñeiro 14:53, 27 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Despois de ler o último comentario que me deixaches estou por pensar que o único que che sentou mal do que fixen foi o de propor para borrar os dous artigos de marras. Debo confesar que non coñezo en profundidade os dereitos de autor. Confeso tamén que apenas lin as definicións dos artigos que creaches (e mireinos case todos). Mireinos polo feito de seres novo aquí (entendo que por este motivo sempre podes ter máis fallos que un que leve tempo colaborando) e polo feito de crear tantos artigos en tan pouco tempo (hai máis probabilidades de cometer fallos). Pero non me parei coas definicións unha por unha cuestión de tempo, e outra porque a teu compromiso co Galizionario quedou suficientemente demostrado co tempo dedicado e o número de artigos que creaches. Porén, o feito de atopar anacos de texto sen formato e en forma de acepcións de dicionario nos dous artigos mencionados chamoume á atención, e ó que dei coa súa orixe comuniqueillo ó único administrador que anda por aquí ultimamente (Prevert) e mais a ti, crendo que estarías totalmente de acordo en emendar a errata. Quede claro que en ningún momento cuestionei a validez dos teus artigos, e admiro a túa capacidade de creación (oxalá houbera moitos máis coma ti). Comprendo perfectamente a necesidade de empregar obras de referencia á hora de crear os artigos (eu teño usado un lote de dicionarios para crear unha soa definición), aínda que por outro lado agradezo a orixinalidade e a exactitude das definicións. Gustaríame que esta mensaxe axude a quitarche o mal sabor de boca dese malentendido, e sigas sorprendéndonos co teu poder creativo. Por último quero recomendarche, se cres que os dous artigos dos que falamos non se deberían borrar (eu desde a miña ignoracia sigo empeñado en que si), que lle argumentes as túas razóns a Prevert, e el, desde a súa posición de burócrata, que tome as medidas que estime oportunas. Un cordial saúdo. 01:41, 28 maio 2009 (UTC)
Como comprenderás pouco importan dous artigos. Dáme igual que se borren ou non. O que me importa é saber se o que fago, polo xeito que teño de traballar, é copyvio ou non é, se o é teño que parar. Dous artigos supoñen de 5 a 20 minutos de traballo, non ten importancia.
Si é certo que eu non comprendo onde está o copyvio tal e como agora están. Comezo a intuír que nos dous houbo ese problema de deixar eu un resto dun texto que me serviu para definir, ata o de agora pensaba que iso só ocorrera nun deles, por iso o de sección tíñame alucinado. Por certo, iso ocorreu con máis, pero deime conta e tras gardar corrixino. ¿Debo buscar os artigos en que me pasou para borralos tamén? A verdade, se non se me convence do copyvio, non estou por ese labor.
Creo que hai algo máis ca unha confusión polos termos, polo xeito de expresarnos (o meu foi inadecuado e irreverente, e espero que poidas perdoarme), creo que non entendemos o mesmo por copyvio. Ti consideras que os artigos son unha obra derivada. Poderías ter razón, pero se tes razón, case todo no mundo é unha obra derivada. Os cadros dos sucesores da escola de Velázquez serían obras derivadas porque se basean en imaxes dos seus predecesores na súa arte. A presenza dun tópico (lugar común) nun poema implicaría que é unha obra derivada: Se eu escribo un poema coa palabra cervo referida ó sexo masculino, estaría facendo unha obra derivada de Pero Meogo. Eu non estou de acordo en que sexan obras derivadas, non creo que a intertextualidade teña que ser plaxio necesariamente, creo que poucas veces o é. Inda é máis, creo que me excedo na variación que fago dos textos dos que parto: ¿parácheste a pensar por que case tódolos dicionarios teñen a mesma definición ou moi próxima das palabras? As miñas definicións son sempre diferentes. As similitudes en moitos momentos entre as definicións do dicionario do Cumio, do da RAE, do Xerais... son incribles. Aínda vendo que definen igual, eu defino diferente e, cando acabo de crear 20 palabras, estou realmente canso intelectualmente, aínda que considero que ese é un bendito cansazo.
En definitiva, dáme igual o que pase con esas dúas palabras. Aclaro que hai máis, se ese é o motivo do copyvio. O que me interesa é saber o que é copyvio e o que non é copyvio. Eu creo que o teño claro, pero se non podo ler previamente o que di un dicionario (ou varios) antes de definir, prefiro non seguir traballando elaborando definicións por non sentirme capaz. Unha aperta--Raspiñeiro 16:13, 28 maio 2009 (UTC)
- Acabo de revisar o historial de sección. Non ocorreu iso que supuxen tras as túas palabras. Sigo sen entender os teus criterios para dicir que é copyvio. O único que entendo é que consideras que todo o que fixen é copyvio.--Raspiñeiro 16:22, 28 maio 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Claro que non considero copivio todo o que fixeches, e respecto o de consultar outros dicionarios porque como xa dixen eu tamén o fago. Pero por varios motivos (o texto, a numeración, a localización no artigo, o formato,...) estou convencido de que o que fixeches no caso deses dous artigos, e deses dous anacos de texto en concreto, foi copiar e pegar; e tamén estou convencido de que á hora de publicar eses dous artigos (ou os que haxa coas mesmas características) filtráronseche eses dous anacos de texto involuntariamente.
- ¿Debo buscar os artigos en que me pasou para borralos tamén? Pois se consideras que é copivio, si. Coma min ou calquera outro. E desde o meu punto de vista non importa que a información filtrada estea na última revisión do artigo ou en calquera outra das versións do historial.
- Non sei a que te refires co de sección. Non sei que é o que esperabas que ocorrera nin o que supuñas tras as miñas palabras. Se o que non entendes é porque penso que é copivio repítoo: ó final do artigo (máis abaixo incluso que os interwikis) hai un anaco de texto que é calcadiño á sexta entrada do dicionario Cumio: tanto no contido do texto, como nos dous espazos que deixa a continuación do 6, como no ń que aparece sempre neste dicionario en vez do ñ.
- Igual estou errado e isto non supón ningunha infracción. Se é así gustaríame que alguén me tirase da burra. 14:38, 29 maio 2009 (UTC)''
- Furagaitas dixo: Realmente, no Cumio na entrada significante pon o mesmo que o que está sombreado aquí de amarelo (a primeira liña de texto precedida de "1. adx."). Grazas Elvire. 17:08, 30 maio 2009 (UTC)
- Comprendo perfectamente que che resultasen agresivas as miñas palabras na páxina de Elvire. Pero creo que as malinterpretas. Tras o que ela me dixo na miña páxina de usuario (para min o que dixo é un comentario brutal dun usuario que non me coñece de nada e que actúa e non é a primeira vez que o fai coma se me coñecese), eu tiven que expresarlle as cousas que se me pasaron pola cabeza durante estes días. Quizais non dese co xeito. Con seguridade faltou dicir eu ó final que, inda que sigo cos mesmos sentimentos, a disputa que temos debería ser xa calma, que chegamos a un punto de acordo, esperar polos administradores. Evidentemente para min non vas ser xa a referencia que fuches, para min houbo un momento en que o que dixeses ía a misa, agora xa non. Non creo que dicir iso sexa nada estraño e que teña que provocar novas controversias. Eu considero o que considero e non vou volver editar se a resolución non é positiva, pero iso xa o sabías. Quizais che estea a rogar que teñas máis calma da que eu son capaz de ter--Raspiñeiro 00:15, 31 maio 2009 (UTC)
O que non acabo de entender moi ben é onde están os administradores, quizais se deba a que eu considerei que, dado o número de entradas que ten este proxecto, este debía ser un proxecto grande; e non sexa así. A resolución non énada complexa, é si, ou non; eles teñen que telo claro: Medias tintas non valen.--Raspiñeiro 00:20, 31 maio 2009 (UTC).
Boas
editarBoas Furagaitas. Para mín non pasa nada. Saúdos e sige corrixindo, xa sabes, cando teña necesidade de que me espliques sei pedilo coma sempre. Saudos e ata outra Elvire 19:45, 1 xuño 2009 (UTC)
modelo de artigo
editarBoas Furagaitas,
Creo que debemos, de xeito unilateral entre ti, eu e Elvire, decidirnos por un modelo de artigo xa. Teño un problema coa entrada mail, xa que hai dúas etimoloxías diferentes. Eu penso que o mellor sería:
lingua (p ex. galego)
- pagename1 (para etim1)
- significado
- sinónimos
- traducións
- etc
- pagename2
...
Norrin strange 07:37, 16 xuño 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ola Norrin.
- Estou de acordo en que habería que consensuar o modelo de artigo, xa que estamos empregando diferentes modelos de artigo (se ben todos eles son moi parecidos entre si).
- Mais tes que ter en conta que o modelo de artigo é unha cousa coa que hai que ter moito tino, á que se lle foi dando forma desde a fundación do Galizionario, polo que calquera cambio debería contar co consenso máis amplo posible.
- Gústame como saíches do paso en mail; a única pega que lle vexo é o nivel das cabeceiras. Eu optaría (seguindo o modelo medio actual) por substituír o ===mail<sup>2</sup>=== por '''mail<sup>2</sup>'''. Outra opción sería repetir a cabeceira de lingua.
- O camiño que seguiches parécese moito ó que seguín eu no meu último proxecto de modelo de artigo (modificación á súa vez do último proxecto de modelo de artigo de Sobreira).
- Por certo... Estou a deseñar un modelo para categorizar etimoloxías por lingua de orixe que supoño que che pode interesar. Cando o teña rematado avisareite para que lle botes unha ollada.
- Se tes calquera idea, crítica, suxerencia,..., non perdas de comentarma. 15:53, 16 xuño 2009 (UTC)
RE:Náhuatl
editarFuragaitas dixo: Boas. Vin que hai uns días creaches o modelo:nci para o náhuatl. Polo que estiven a investigar, o código nci fai referencia ó náhuatl clásico, mentres que o código nah é xenérico para todas as variantes desa lingua. Ocórrenseme dúas opcións: ou especificamos que se refire a esa modalidade do náhuatl, ou movemos o modelo para modelo:nah. ¿Que me dis? 07:00, 19 xuño 2009 (UTC)
- Boas Furagaitas
- Eu creeino para a entrada tomate, creo, e nese caso sí que é náhuatl clásico. Hoxendía, hai outros dialectos, máis non teñen nin academia nin normas fixas, e o único que se estuda en México e que ten normas fixadas é o náhuatl clásico, ou náhuatl a secas. Na wiki en náhuatl empregan náhuatl clásico e (creo lembrar) teñen o código "nah". Se queres o movemos a "nah", pero eu o que creo que non habería que facer é comezar a dividir o náhuatl en oito linguas. --Norrin strange 08:51, 19 xuño 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Estou de acordo contigo: non tería sentido dividir o náhuatl en oito linguas. De todas formas, hai veces que resulta útil distinguir estre variedades, por exemplo nas etimoloxías (inglés americano, latín científico, náhuatl clásico,...). Déixoo da túa man. 15:50, 19 xuño 2009 (UTC)
- Xa o arranxei, a ver que pensas da solución. --Norrin strange 09:58, 20 xuño 2009 (UTC)
POR FAVOR, TRÁTEME DE VOSTEDE
editarFuragaitas dixo: Boas Raspiñeiro. É de agradecer o ton dialogante que empregaches nos últimos comentarios na Taberna. De todas formas, ten conta con iso de "rozar os límites"; xa sabes que esto é unha comunidade, e como tal hai respectar as normas e os compañeiros, e procurar un ambiente de traballo o máis acolledor posible.
Desde a túa chegada demostraches unha capacidade de traballo impresionante, e agora demostraches que sabes dialogar e incluso retractarte, polo que sería unha mágoa non poder contar contigo no Galizionario.
Respecto ás copyvios teño que informarte de que as túas contribucións (en principio) non serán borradas. Non vou dicir que non haxa copyvios (seguro que ata ti, aínda que non o recoñezas abertamente, es consciente de que si as hai), pero polo que me estiven informando, unha vez editada a páxina e suprimido o texto copiado a páxina non ten porque ser borrada, aínda que o texto copiado permaneza no historial. Dixen, e sigo dicindo, que non creo que o fixeses adrede, polo que espero que admitas as miñas palabras e volvas colaborar connosco.
E por certo: como ves, a nosa comunidade é moi reducida, polo que contar cun administrador entre nós en continuo é un luxo que por degraza non temos. Espero que as miñas palabras che sirvan como as dun administrador. 00:08, 23 xuño 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: O que escribín arriba foi redactado antes da túa última mensaxe na Taberna, e vexo que o teu ton dialogante durou pouco. Entendo que se acertas cando dis que rozas o límite tamén acertas cando dis que o meu proceder é deplorable. Dirá pouco (bo) de min se admito que o fago o mellor que podo... 00:18, 23 xuño 2009 (UTC)
O ton dialogante era para con Elvire, non para vostede. Non se confunda.
As súas acusacións son totalmente infundadas. Curiosamente deu vostede cun especialista en copyvios (eu) e sei exactamente do que falo. Non achará vostede un copyvio en ningún dos artigos que eu creei. A miña preocupación e alerta era máxima cando estaba a crealos.
Esta secuencia que escribiu vostede na miña páxina de discusión é vomitiva e non desexo aclarar o que penso de vostede pois tería que ser eu necesariamente bloqueado (dado que só caben insultos graves):
Di vostede:Respecto ás copyvios teño que informarte de que as túas contribucións (en principio) non serán borradas. Non vou dicir que non haxa copyvios (seguro que ata ti, aínda que non o recoñezas abertamente, es consciente de que si as hai),
Dealle a lata a outro (funda outro usuario e déixeme en paz): Non vai dicir vostede -creo- a última palabra. O seu proceder é unha VERGONZA.
Reitero que non hai copyvio ningún nas miñas edicións e sei moi ben do que falo. A min xa me botou vostede fóra do sistema e da comunidade. Noraboa. Que sexa vostede administrador todo o axiña que sexa posible. Xa non terá medo de que eu lle pise o quefacer (non tería medo se me preguntase se quería ser administrador, pois sabería que non quero). A única explicación que lle encontro ó trato recibido é esa.
Procedo a publicitar noutros proxectos o aquí acontecido. É moi grave--Raspiñeiro 00:33, 23 xuño 2009 (UTC)
- Espero que actúe dunhA VEZ ALGÚN ADMINISTRADOR--Raspiñeiro 00:41, 23 xuño 2009 (UTC)
- Sei ben que, cando un fai o mellor que pode facer (como vostede di que fai), non se ten un presente a si mesmo. VOSTEDE SÓ PENSA EN SI MESMO--Raspiñeiro 00:45, 23 xuño 2009 (UTC)
- Inda é máis, ...vou ser transparente (pois creo que xa descubrín a identidade que pretendo agochar), pois, ademais, son transparente habitualmente:
- (Non abandonarei este usuario para poder votar en contra de vostede se é proposto para administrador (Se algunha vez o propoñen a vostede, por favor, comuníquemo para votar en contra))..
- Son Lmbuga (Miguel Bugallo, demostrareino asinando como tal tras esta edición). Fun ata fai uns dous ou tres meses administrador en tódolos proxectos da Galipedia e o único administrador en Commons. Quizais Xabier Cid saiba tanto coma min -ou máis- sobre copyvios, pero non creo. Realmente só Prevert pode servirme de referencia, é o único que é realmente quen de facerme reflexionar (vostede non é quen -desculpe- de facerme reflexionar tras a súa intransixente e absurda actitude).
- Sobre a crítica que vostede me fai, doulle eu mil voltas. Tantas voltas que son capaz de ler por detrás do que vostede di, que son capaz de entrever o que o move (por favor, abandone o proxecto, faríalle un favor a Galicia).
- Tras o dito pode saber xa vostede que eu era administrador aquí e renunciei (non desexo volver selo). Érao por defecto, inda que nunca colaborara. Eu non sabía cómo colaborar, cómo facer artigos, e intenteino servíndome de vostede como referencia e -inda que pareza incrible- crendo que vostede era administrador. Reitero que non hai nin un só copyvio nas miñas contribucións. Mala sorte, encontreime cun usuario que ten unha finalidade moi clara: eu, eu, eu. Ese abofé que é vostede.
- Non lle podo dicir máis. Gustaríame que agora mesmo o usuario Raspiñeiro e Lmbuga fosen só un, pero Lmbuga non pode votar pois non ten as edicións suficientes segundo as normas mínimas do wiki (expresadas en en.wp).
- Non editarei (agás erro ou necesidade) xamais no Galizionario como Lmbuga, pois como Lmbuga non teño dereitos. Non o farei tampouco como Raspiñeiro, agás para votar en contra de vostede.
- É vostede unha vergonza para o proxecto--Raspiñeiro 01:23, 23 xuño 2009 (UTC)--Lmbuga 01:29, 23 xuño 2009 (UTC)
Non esperaba de vostede que puxese ligazón directa a onde fixo relación deste conflito na Galiupedia. Sería demasiada deferencia pola súa parte. Xa a encontrarei. Ten vostede toda a miña dedicación--Raspiñeiro 02:29, 23 xuño 2009 (UTC)
- Eu si poño ligazón: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3AA_Taberna_(axuda)&diff=1204575&oldid=1201255--Raspiñeiro 04:17, 23 xuño 2009 (UTC)
verbos
editarFuragaitas dixo: Boas Norrin. Oe, ¿non cres que sería mellor poñerlle ó modelo que creaches (e ós que crees) un nome máis curto (por exemplo verboitaliano.1, verboitaliano.are ou conx.it.1)?. 04:00, 24 xuño 2009 (UTC)
- Feito o dos verbos. --Norrin strange 07:04, 24 xuño 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Unha cousa máis: ¿e se poñemos o nome dos tempos verbais en galego?. 02:32, 29 xuño 2009 (UTC)
- O problema sería coller as traducións axitadas.... eu case o deixaría en intaliano, porque é a conxugación italiana, pero.... por ceto, viches o d modelo de artigo? --Norrin strange 06:49, 29 xuño 2009 (UTC)
Re : Categoría:Familiar
editarFuragaitas dixo: Boas Elvire. ¿Non cres que sobra a Categoría:Familiar (e Categoría:Familiar en francés) se xa temos Categoría:Coloquial (e Categoría:Coloquial en francés)? ¿Ti que opinas?. 14:00, 4 xullo 2009 (UTC)
- Ola Furagaitas ! Claro que si, tes toda razón, vounas borrar (non sei porque perdín tempo con eso). Moitissimas gracias. Saúdos Elvire 08:00, 5 xullo 2009 (UTC)
Cousas raras
editarBoas Furagaitas ! Perdoa a molestía, pero vanme pasando cousas raras. Por exemplo, xa fai tempo, non sei, sera un mes que non teño axuda no baixo da pantalla cando edito. Outro exemplo : hoxe puxen a etimoloxía a fotografía, cando edito, vexo ven que esta posta e logo non se vé ??. Pasame como si pouco a pouco ou se deteriora algo, ou producense adiantos que eu non entendo ? Que che parece ? Saúdos Elvire 16:47, 14 xullo 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ola Elvire! Xa sabes que non é molestia ningunha. Alégrame verte por aquí e que sigamos resolvendo problemas xuntos. Ultimamente houbo cambios no sistema, xa me decatara. Pero penso que non hai nada que funcione mal; espero que non.
Co da axuda nas páxinas de edición non sei a que te refires; eu vexo unha ligazón ("Axuda para a edición") á dereita dos tres típicos botóns (o certo é que non recordo a onde ligaba antes, agora liga cunha páxina inexistente).
O outro problema que me comentas é debido ó signo « = » (realmente emprégalo dúas veces). Supoño que o sistema interpreta que estás asignándolle un valor a unha variable con ese signo igual (está dentro dun modelo, para máis detalle dentro dun modelo cun switch). Para que non aconteza isto, se queres usar ese símbolo, emprega o seu código html, é dicir, « = ». Supoño que isto foi sempre así e non se debe a un cambio no sistema. Non modifiquei o caso de fotografía por se queres comprobar ti mesma que funciona.
Moitas grazas, porque con isto tamén aprendín eu algo que non se debe facer. Un saúdo, compañeira. 00:02, 15 xullo 2009 (UTC)
- Grazas Furagaitas. Xa entendin que hai cousas diferentes. Poís boto de menos a axuda abaixo da página cando ando coa xanela de editar. Na WPFR teño esto : (xa sei non se vé, tes que velo en modo edición. Na Galipedia e nos outros proxectos teño moito menos e aquí, era pouco, pero o pouco erame de moita utilidade.
Caractères spéciaux : æ Æ à À â  ä Ä · ç Ç · € é É è È ê Ê ë Ë · î Î ï Ï · œ Œ ô Ô ö Ö · ù Ù û Û ü Ü · ÿ Ÿ · « » {{subst:}} {{}} {{|}} [[]] [[|]] [] “” · — – • ’ | … ~ # @ ¹ ² ³ ⁴ ⁵ ⁶ ⁷ ⁸ ⁹ ⁰ ½ (aide sur les caractères spéciaux) [[Catégorie:]] [[Fichier:]] [[Media:]] #REDIRECTION[[]] · [[Commons:|]] [[m:|]] [[n:|]] [[q:|]] [[s:|]] [[b:|]] [[wikt:|]] [[v:|]] · <></> <code></code> <math></math> etc etc.
- Terei que seguir con pouquiña ferramenta. Uso moito o copiar/pegar, e de vez en cando deixo unha xanela da WPFR para eso. A ver si este vrau adianto algo. Ata outra Furagaitas Elvire 19:37, 17 xullo 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ola de novo. Agora xa sei a que te referías con iso da axuda. Eu non adoito usala, por iso non me dei conta; pero tes ti razón de que pode ser moi útil. No outono falara Sobreira de ampliala, pero quedou pendente como outras moitas cousas. Intentarei dar co fallo, pero moito me temo que isto é tarefa dun administrador.
Como podes ver eu ultimamente desistín (temporalmente) de propor administradores, modelos de artigo, etc. O Galizionario está deserto, e aproveito para completar páxinas, corrixir erros,... A ver se creo algún artigo novo para desenferruxar un pouco o contador. 15:49, 19 xullo 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ola de novo. Agora xa sei a que te referías con iso da axuda. Eu non adoito usala, por iso non me dei conta; pero tes ti razón de que pode ser moi útil. No outono falara Sobreira de ampliala, pero quedou pendente como outras moitas cousas. Intentarei dar co fallo, pero moito me temo que isto é tarefa dun administrador.
adiante
editarOla Furagaitas
Furagaitas dixo : "Como podes ver eu ultimamente desistín (temporalmente) de propor administradores, modelos de artigo, etc. O Galizionario está deserto, e aproveito para completar páxinas, corrixir erros,... A ver se creo algún artigo novo para desenferruxar un pouco o contador".
Eu xa desistira de propor administradores e non conto propor nada con ise tema do meu peso. Para outras propostas agardo que sexamos unha comunidade mais amplia e regular coma ti e eu. A ver si me boto a darlle un pouco mais arranque as miñas contribucións. Furagaitas non dubides nunca en corrixirme, xa sabes que eso vaime mui ben, cando non concordo ou non entendo, xa virei comentalo con ti e sempre pasarase ben. Saúdos e adianteElvire 18:18, 19 xullo 2009 (UTC)
Boas Furagaitas ! Só para comentarche que :
- 1.1 Topónimo leva automáticamente o artigo à Categoría:Toponimia e eu renuncié a utilizalo.
Porén eso tera algún merito e si podes comentalo agradeceriacho. Saúdos Elvire 12:29, 29 xullo 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ola Elvire. Verás... Eu considero imprescindible que toda definición ou conxunto de definicións leven a súa cabeceira de categoría gramatical. Para este tipo de palabras dispomos das cabeceiras Substativo e Topónimo (non temos, como noutros wiktionaries, as cabeceiras Nome propio ou Substantivo propio). Desas dúas é Topónimo a que considero máis axeitada; e o feito de que categorice en Toponimia faino, ó meu entender, o máis axeitado (quizá non é a solución óptima, pero das que temos polo de agora, pareceme a mellor). Unha das pegas que lle vexo é que en Toponimia queden categorizadas entradas de tódalas linguas. Habería que modificar o modelo para que categorizase por lingua (pero realmente pasa o mesmo con moitos {{sem}} nos que non se especifica a lingua). Un saúdo. 23:53, 29 xullo 2009 (UTC)
- Ola Furagaitas. Entendemos igaul o estado no que temos polo de agora as posibilidades de catagorizar e de pór cabeceiras. Tamén entendo que concordamos en que estaría mellor cas linguas non se mesturen nunha categoría. En espera cas cousas se melloren, non haique desesperar, non actuamos igual. Pero esto non é un problema. Eu intento sempre ca categorización entre nuha lingua, e si é necesario só categorizo coa lingua da palabra (cando comecei ainda non tiña esto claro). Comprendín mui ben que ti usas 1.1 Topónimo porque apareceche necesario que se vexa na páxina do artigo.
Grazas Furagaitas, ata outra Elvire 13:12, 30 xullo 2009 (UTC)
- Ola Furagaitas. Entendemos igaul o estado no que temos polo de agora as posibilidades de catagorizar e de pór cabeceiras. Tamén entendo que concordamos en que estaría mellor cas linguas non se mesturen nunha categoría. En espera cas cousas se melloren, non haique desesperar, non actuamos igual. Pero esto non é un problema. Eu intento sempre ca categorización entre nuha lingua, e si é necesario só categorizo coa lingua da palabra (cando comecei ainda non tiña esto claro). Comprendín mui ben que ti usas 1.1 Topónimo porque apareceche necesario que se vexa na páxina do artigo.
RE:
editarFuragaitas dixo: Boas, Norrin strange. Grandiosa reaparición a túa! Dá gusto ver tanto movemento no Galizionario de novo. Noraboa.
Por un lado quería pedirche desculpas por abandonar (temporalmente) aquilo co que comezamos do modelo de artigo e entradas válidas. Quedei practicamente só no Galizionario e non crin oportuno dedicarlle máis tempo. A ver se no outono hai máis xente (e tempo) para pórse de novo con iso. Mentres ando a Corrixir, Completar, Crear,...
Por outro lado quería exporche a miña opinión sobre o cambio que fixeches no modelo:-eu- (o do modelo:-ca- non o entendo, pero non me preocupa tanto). Penso que dentro das dúas opcións que serían validas (segundo o VOLGa) para facer referencia á lingua do País Vasco, vasco e éuscaro, a máis conveniente é a primeira, polos seguintes motivos:
- É, con diferencia, o nome máis coñecido por todos para esta lingua (suponse que buscamos a utilidade do Galizionario, poñerllo fácil ó lector)
- Nas listas de traducións, esta lingua estase ordenando alfabeticamente como vasco.
Se pensas que non son razóns de peso para voltar o modelo ó seu estado anterior podémolo levar á taberna a ver que opina o resto (aínda que sería ben esperar a que apareza máis xente). Un saúdo, e grazas por encher a páxina de Cambios recentes. 15:42, 3 agosto 2009 (UTC)
- Boas Furagaitas.
- Grazas pola benvida. A verdade é que só vou poder traballar con regularidade durante agosto, durante o curso só poderei facer aportacións esporádicas.
- En canto ao dos modelos: troquei o Modelo:-eu- para que houbese concordancia co nome escollido na Galipedia, pero tampouco é unha cousa importante. En canto ao Modelo:-ca- eran unhas probas que desfixen finalmente por non acadar o resultado pretendido.
- Estaba a pensar ... en canto ao Modelo de artigo, hai unha cousa na que hai consenso que é que as seccións de idioma sexan editábeis. Xa que hai consenso, propoño eliminar o
__NOEDITSECTION__
que aparece nos modelos (-eu-, -ca-, -en-, ) porque a verdade que non sexan editábeis as seccións dificulta o traballo. --Norrin strange 15:48, 3 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Estou de acordo co de facer editables as seccións de lingua, e penso que podería acadar un consenso bastante amplo. De todos xeitos eu agardaría a poder consensuar o deseño que terán estas cabeceiras (como as do pt-wikt ou fr-wikt) para modificalos, pero como vexas.
Sobre o do modelo:-eu- sigo convencido, á marxe das decisións tomadas na Galipedia, que Vasco é o nome máis conveniente, pero concordo en que non é o máis importante que temos entre mans.
Norrin, grazas de novo polas túas contribucións. Moitas ou poucas son sempre positivas para o Dicionario. 16:06, 3 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Estou de acordo co de facer editables as seccións de lingua, e penso que podería acadar un consenso bastante amplo. De todos xeitos eu agardaría a poder consensuar o deseño que terán estas cabeceiras (como as do pt-wikt ou fr-wikt) para modificalos, pero como vexas.
- "que as seccións de idioma sexan editábeis" Vexo a vosa conversa e aproveito para decir que concordo, eso de ter que editar a páxina enteira de cando en vez é perda de tempo. Saúdos Elvire 23:39, 5 agosto 2009 (UTC)
- Pois fágoo. --Norrin strange 09:53, 7 agosto 2009 (UTC)
Moitisimas grazas Furagaitas ! Un fallo pode pasar, pero niste caso os erros na tradución eran cantidade ! E eu metinme dentro sen comezar con un minimo de control. Mea culpa Furagaitas, estouche mui agradecida Elvire 23:35, 5 agosto 2009 (UTC)
Tarefas pendentes e indicacións
editarFuragaitas dixo: Moi boas, X. C., agradécese a túa volta a estes lares. Á parte da falta de colaboradores que temos no Galizionario, hai unha ausencia absoluta de administradores, polo que a túa presenza resulta ata certo punto tranquilizadora. Como saberás, Prevert renunciou ós privilexios de administrador, e Sobreira e o resto de administradores hai tempo que non se pasan por aquí, polo que hai certos aspectos de mantemento e vixilancia que están abandonados. Ofrézome para indicarche algunhas destas tarefas pendentes, así como para resumirche o estado actual do Galizionario. Un saúdo. 15:15, 24 agosto 2009 (UTC)
- Ola, boas. A verdade é que procurarei ser regular colaborando no Galizionario, xa o teño aí nos marcadores do navegador para lembrarme. Pois é mellor logo que me digas algunha tarefa pendente de interese para que este galizionario medre con forza, e tamén as indicacións que ti vexas necesarias. Grazas polo que dixeche de tranquilizador (iso espero).--Xoán Carlos Fraga 23:35, 24 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Velaquí algunhas tarefas pendentes:
- No último ano comecei un proxecto para resolver moitas das tachas do Galizionario dun xeito consensuado, proxecto co que colaborou durante un tempo Sobreira e que tivo os seus defensores e os seus detractores. Actualmente o traballo está aparcado (Usuario:Furagaitas/mv), pero algúns colaboradores (como Norrin strange e Gallaecio) esixen solucións para temas concretos: entradas válidas e modelo de artigo (para este último existe o Proxecto de modelo de artigo).
- Seguimos ás voltas (outro proxecto aparcado) co Proxecto de Portada. Tamén temos Wiktionary:Proxecto_de_Portada/Sabías_que e Wiktionary:Proxecto_de_Portada/A_palabra_do_día, para completar eses apartados da portada.
- Calquera dos temas listados en Usuario:Furagaitas#Ás_voltas_con... e Wiktionary:Tarefas_pendentes, en concreto as páxinas marcadas para completar e corrixir os erros das entradas en italiano subidas por Botsobreira.
- Propio de administrador:
- Desprotexer certos modelos bloqueados para poder editalos (xa che direi máis adiante cales e que cambios precisan).
- Da Categoría:Wiktionary:Páxinas_para_borrar pódense borrar todas as páxinas agás Enxeñeiro, Parir, e tódalas que empezan por conx.-.
- Combinar os historiais de parir / Parir, afección / afeccion, samonense / samonenses, sanxenxino / Sanxenxino, saviñádigo / saviñádigos e φιλοσοφία / Φιλοσοφία sobre a primeira de cada par. O mesmo coas páxinas da Categoría:Wiktionary:Páxinas para xuntar. Tamén había que combinar os historiais das páxinas da Categoría:Toponimia bilingüe coas páxinas correspondentes á forma galega (non se poden mover ó existir xa esas páxinas); o obxectivo é eliminar esa categoría.
- Hai unha petición para poñer un interwiki na Páxina Principal (protexida) cara o io.wikt. Habería que consensuar as linguas a incluír.
- Había que borrar as redireccións de páxinas en maiúscula cara páxinas en minúscula (Nacer, Nacimiento, Nacionalidad, Nacionalidade, Nacionalización, Nación,...). Prevert borrou aproximadamente ata o "C". É un traballo moi laborioso e pouco rendible, polo que eu aproveitaría o tempo en temas máis útiles. Pódeselle ir dando en tempos mortos...
- Polo momento non se me ocorre máis nada, pero penso que xa tes para facerte unha idea do traballo pendente.
Ultimamente andamos por aquí Elvire, Norrin strange (creando traducións, principalmente) e eu (corrixindo, completando e dando formato). Ata comezos do verán tamén colaboraban asiduamente Gallaecio (entradas novas e políticas) e Raspiñeiro (=Lmbuga, con entradas novas en galego). Prevert apenas pasou por aquí desde maio, Sobreira desde decembro, Lameiro desde outubro, e Aricum desde decembro do 2007.
Grazas pola atención :) . Para calquera cousa, por aquí andamos. 15:49, 25 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Velaquí algunhas tarefas pendentes:
- Furagaitas dixo: Por se algunha dúbida che xurdise, as páxinas propostas para borrar rematadas en -ar foron gardadas (xunto con outras 65 que borrou hai máis dun ano Prevert) erroneamente como verbos, cando realmente son adxectivos; ademais non teñen definición, só conxugación, polo que non aportan nada. Na miña páxina de usuario hai outras cinco dubidosas.
Respecto ás páxinas conx.durmir, conx.moer, etc, coido que o máis correcto sería combinar os seus historiais cos de durmir, moer, etc.
Grazas por poñerte tan axiña ó choio. 21:43, 25 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Por se algunha dúbida che xurdise, as páxinas propostas para borrar rematadas en -ar foron gardadas (xunto con outras 65 que borrou hai máis dun ano Prevert) erroneamente como verbos, cando realmente son adxectivos; ademais non teñen definición, só conxugación, polo que non aportan nada. Na miña páxina de usuario hai outras cinco dubidosas.
- Furagaitas dixo: Ola. Boa idea no tema do zodíaco (refírome a recoller os diferentes zodíacos existentes). Hai que ter coidado, xa que á parte da páxina orixinal Wiktionary:Apéndice:Zodíaco, creouse este día Wiktionary:Apéndice de Zodíaco. Conviría borrar esta última.
Por outro lado, non sei no caso do zodíaco, pero os nomes das constelacións deberían ir en maiúscula, como nomes propios que son. ¿A ti que che parece? 19:02, 27 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Ola. Boa idea no tema do zodíaco (refírome a recoller os diferentes zodíacos existentes). Hai que ter coidado, xa que á parte da páxina orixinal Wiktionary:Apéndice:Zodíaco, creouse este día Wiktionary:Apéndice de Zodíaco. Conviría borrar esta última.
- O das constelacións en maiúsculas xa está, paréceme correcto así. Aínda estou aterrando por aquí, porque parece que estiven voando desde lonxe (metaforicamente falando), e aínda non me empolo ben (como dicen algúns cativos), vamos, que a ver se vou vendo o camiño que debo seguir. Pero teño aí unhas indicacións que me deixache, seguirei mirándoas. Vémonos. --Xoán Carlos Fraga 22:18, 27 agosto 2009 (UTC)
- Ola, era para che preguntar se me volves a facer unha nova lista de tarefas de administrador ou pensas que debo seguir coas tarefas que me indicache na anterior. Ou se se che ocorre algo co que me sinta a gusto. De momento, o de completar non me desagrada e aí hai bastante traballo. Máis nada. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 23:29, 31 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: De momento non se me ocorre máis nada que engadir á lista de tarefas de administrador. O de fusionar historiais se queres aparcámolo. Cando queira modificar un modelo protexido comentareicho. Sobre o dos interwikis da Páxina Principal darei unha opinión definitiva dentro de pouco (quero facer algún ensaio primeiro). O de borrar redireccións inútiles (as que só teñen unha edición e non teñen obxectivo, como as de maiúscula a minúscula) se queres irlle dando pouco e pouco, é unha tarefa pendente, pero penso que es máis útil noutras tarefas como a de completar. De feito penso que o de completar é unha tarefa na que todos nos deberiamos poñer a traballar, porque xa levamos tempo de máis arrastrando ese lastre. Eu agora ando liado con cuestións de formato (homos e outros modelos para formatar e categorizar). Outra tarefa que habería que atender é a de corrixir os erros das entradas en italiano subidas por Botsobreira; moitas acepcións quedaron por erro sen a correspondente tradución ó galego; habería que completalas consultando outros dicionarios.
A ver se algún destes choios che van ben, senón buscamos outra cousa ;). 00:04, 1 setembro 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: De momento non se me ocorre máis nada que engadir á lista de tarefas de administrador. O de fusionar historiais se queres aparcámolo. Cando queira modificar un modelo protexido comentareicho. Sobre o dos interwikis da Páxina Principal darei unha opinión definitiva dentro de pouco (quero facer algún ensaio primeiro). O de borrar redireccións inútiles (as que só teñen unha edición e non teñen obxectivo, como as de maiúscula a minúscula) se queres irlle dando pouco e pouco, é unha tarefa pendente, pero penso que es máis útil noutras tarefas como a de completar. De feito penso que o de completar é unha tarefa na que todos nos deberiamos poñer a traballar, porque xa levamos tempo de máis arrastrando ese lastre. Eu agora ando liado con cuestións de formato (homos e outros modelos para formatar e categorizar). Outra tarefa que habería que atender é a de corrixir os erros das entradas en italiano subidas por Botsobreira; moitas acepcións quedaron por erro sen a correspondente tradución ó galego; habería que completalas consultando outros dicionarios.
Interwikis da Páxina Principal
editarOla, eu son partidario de poñer o Ido na páxina principal, pero penso que se debe debater. Que se fai nestes casos? Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 07:57, 28 agosto 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Vou facer unha proposta na Taberna, a ver que che parece. 18:13, 28 agosto 2009 (UTC)
Furagaitas dixo: Ola, compañeiro. Vin que en "Gran Bretaña" puxeches [[#asturiano|Gran Bretaña]] <sup>[[:ast:Gran Bretaña|(ast)]]</sup> en vez de {{t^|ast|Gran Bretaña}}. Queríache dicir que o modelo:t^ xa inclúe a ligazón á lingua en cuestión, aínda que estea na mesma páxina.
Aproveito para explicarche por qué no modelo:nomelingua identifiquei as iniciais el con grego moderno en vez de con greco: o máis seguro é que por grego a secas o lector entenda o grego antigo, polo que penso que sería ben especificar tanto no caso de el como no de grc a que modalidade se refire. 15:15, 17 setembro 2009 (UTC)
- Boas. Non sabía iso do modelo, grazas por comentarmo. En canto ao outro (o do grego) penso sinceiramente que deberíamos deixalo como "grego" a secas. Se a xente non sabe, que faga clic e vexa a definición, pero o nome da lingua é ese. Senón, habería que por inglés moderno, francés moderno, etc. Ás variedades modernas non é lóxico engadirlles o adxectivo, ponse nas antigass para diferenciar. Prégoche que o deixes como "grego". --Norrin strange 11:19, 18 setembro 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Está ben, deixámolo como grego (unicamente quería facilitarlle as cousas ó lector). Por certo, teño que subir outro modelo semellante (modelo:nomelingua2) para usar co modelo de categorización de etimoloxías. Dígoo porque cando modifiquemos un deberiamos modificar tamén o outro. Tereite informado. Un saúdo. 12:33, 18 setembro 2009 (UTC)
- Polo modelo das traducións conto utilizalo o máis que poida, vaime mui ben. Polo do nome das linguas concordo con Norrin. Elvire 13:10, 18 setembro 2009 (UTC)
Furagaitas dixo: Ola! Cambiaches no modelo:nomelingua estoniano por estonio. A primeira palabra está recolleita no VOLG, mentres que a segunda non. ¿Tes algún motivo que se me escape? 21 setembro 2009 (UTC)
- Puxen estonio como porque é a páxina que existe, a que vai no Modelo:-et- e a que aparece nas categorías. No dicionario galego de IrIndo aparecen as dúas, así que supoño que serán válidas ambas, polo que optei pola que xa se está a empregar. Por outra parte, tamén hai que ter en conta que o Volga non está completo nin moitísimo menos. --Norrin strange 14:30, 21 setembro 2009 (UTC)
Revisadas esquerda e dereita; e tamén sobre lagarta
editar- Ola Furagaitas, mira a túa paxina de usuario, que a tes que cambiar porque explicoche alí que xa quedan revisadas esquerda e dereita, e que a RAG (que non é lusista en xeral) non admite lagartixa, senón lagarta (o portugués tamén creo que di lagarta). Xa movin lagartixa a lagarta --Xoán Carlos Fraga 00:55, 19 setembro 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Boas. Mira unhas cousiñas:
- Xa temos a páxina Wiktionary:Apéndice de anatomía, a que acabas de crear é innecesaria.
- 'Lagartixa creo que vén recolleito no Estravis.
- No tocante á pronuncia, a metafonía non é un gran problema, xa que se pensamos noutros fenomenos admitidos pola norma como o yeísmo, a gheada, o seseo, ..., estariamos aviados. Co tempo xa iremos subindo as realizacións que poidamos. O que teriamos sería que transcibir as pronuncias válidas para cada palabra (realmente eu estou en contra disto, como dixen hai xa dous anos aquí, pero parece que a xente é o que quere).
- Por outro lado, interesante exposición das túas aptitudes para pórlle voz ó Galizionario. Quero eu que habemos estar ben representados ;) Saúdos. 01:24, 19 setembro 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Boas. Mira unhas cousiñas:
Lagarta
editar- A ver, RAG só admite lagarta e Estravis puido pasárselle un castelanismo disfrazado. Lagartixa creo que vén recolleito no Estravis dicía aí alguén. Si, pois podemos indicar que lagartixa non se admite RAG, e que Estravís o recolle (que raro no Estravis se no portugués é lagarta; debeuselle pasar a Estravís, non me estraña co enorme traballo que tiña). Eu deixaría lagarta e poñería que lagartixa é un castelanismo disfrazado que podemos escoitar popularmente (actualmente está máis espallado lagartixa que lagarta, polo menos na xente nova, penso eu, eh; non sei tu que opinas).--Xoán Carlos Fraga 08:03, 19 setembro 2009 (UTC)
- Furagaitas dixo: Estou totalmente de acordo en iso de poñerlle un aviso conforme que esa palabra non é admitida pola RAG. Esa era a miña idea desde xa hai tempo, pero hai tantas cousas nas que invertir o tempo que fun deixando iso. Existen xa algunhas mensaxes como modelo:BARBARISMO, modelo:castelanismo, etc, pero penso que son mellorables. Por outro lado, non coñezo a distribución exacta da palabra, nin o considero de grande importancia. O Glosario de Voces Galegas de Hoxe rexistra lagartixa en 20 puntos, e lagarta en 7. 11:48, 19 setembro 2009 (UTC)
Grazas plas correccións
editarFuragaitas dixo: Ola rapaz, benvido de novo! Mira unhas cousas:
- Corrixín algunha páxina das túas recentes creacións que tiñan errada a flexión de xénero/número.
- A forma normativa (desde o 2003) das P4 e P5 do pretérito de subxuntivo é esdrúxula (cantásemos).
- Vexo que creaches o modelo:É. Para evitar ter que andar creando os modelos de iniciais maiúsculas creei o modelo:Mai, por se o precisas algún día.
Máis nada. Por aquí andamos para o que gustes. 14:25, 21 setembro 2009 (UTC)
- Tomo nota do das formas verbáis de subxuntivo esdrúxulas, e especialmente do Modelo:Mai (máis cómodo que andar con modelos para cada caracter inicial). Un saúdo! --GallaecioE logo? 10:21, 25 setembro 2009 (UTC)
Furagaitas dixo: Ola Elvire. Unha cousiña: moitas das palabras que empregan este modelo son incorrectas en castelán. Recoméndoche que vaias comprobando se son correctas antes de cambialo por {{-subst-}}, aínda que non corrixas as que sean incorrectas, por que así serán máis boas de localizar máis adiante. Un saúdo. 22:47, 11 outubro 2009 (UTC)
- Ola Furagaitas. Xa me dín conta que temos palabras que empregan este modelo e que non son correctas en castelán. O de comprobar si son correctas resultame dificil e fastidioso. Eu andaba a fazer ise traballo como si fose un bot, pensando adiantar as tarefas antigas. Xa que dís que deixando ise modelo serán máis boas de localizar máis adiante as que son incorrectas, poís deixo esa tarefa xa que resulta dificil para mín e pouco produtivo que o faga eu. Gracias polo aviso e ata outra Furagaitas ! Elvire 16:58, 5 novembro 2009 (UTC)