Holocausto
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo ὁλόκαυστος, holókaustos, de ὅλος, "todo" e καυστον, "queimado".
- Pronuncia: /ɔloˈkawsto̝/ (AFI)
Holocausto (sg: holocausto; pl: holocaustos)
- (Historia) O Holocausto, coñecido en lingua hebrea como Shoá (השואה, HaShoá, "a catástrofe"), foi o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus durante a Segunda Guerra Mundial (II GM), no maior xenocidio do século XX, a través dun programa sistemático de exterminio étnico patrocinado polo estado nazi, liderado por Adolf Hitler e o seu Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán dos Traballadores (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei) e que ocorreu, ademais de todo o Terceiro Reich, nos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra. Dos nove millóns de xudeus que residían en Europa antes do Holocausto, cerca de dous terzos foron exterminados. A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que tras a II GM o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, especialmente xudeus, pero tamén xitanos, relixiosos, homosexuais e outros grupos durante a II GM.
- Exemplo: Máis de un millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes morreron no Holocausto
.
- Exemplo: Máis de un millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes morreron no Holocausto