Santiago o Maior
Galego
Santiago o Maior
- (Relixión) Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi (Xacobe fillo de Zebedeu) en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi, en grego antigo Iάκωβος Iákobos e en latín Iacobus) foi un dos máis destacados 12 apóstolos de Xesús de Nazaret. Nacido o ano 5 a.C. en Betsaida, Galilea, e morto entre os anos 41 e 44 en Xerusalén, Xudea, decapitado por orde do rei de Xudea Herodes Agripa I. Era fillo de Zebedeu e Salomé, e irmán de Xoán (San Xoán Evanxelista). Segundo o apóstolo san Marcos o Evanxelista, Xesús impúxolle aos dous irmáns o alcume de Boanerges (Fillos do Trono). É coñecido como Santiago o Maior para distinguilo do outro apóstolo do mesmo nome, Santiago o Menor.