absintio
Galego
- Etimoloxía: do latín absinthium, -ii, e este do grego antigo αψσίνθιον.
absintio (sg: absintio; pl: absintios)
- (Botánica) Planta vivaz da familia das compostas ou asteráceas, Artemisia absinthium Linné, espontánea e cultivada, de caules de até 1 m de altura, follas pinnatífidas ou palmipartidas de cor branca prateada, e capítulos numerosos colgantes, amarelos, formando unha inflorescencia piramidal (panícula). Toda a planta desprende un aroma intenso. En Galicia é probabelmente subespontánea, atopándose nas montañas do leste de Lugo. O extracto obtido dunha infusión alcohólica das súas flores emprégase para fabricar (mesturándoo con outras herbas) unha bebida, o asente, así como os vermús, e tamén medicamentos (linimentos, vermífugos).