Galego

 
Globo aerostático construído mediante a aplicación dos principios da aerostática
  •   Pronuncia: /aɛ.ɾos.'ta.ti.ko̯/ (AFI)

  Adxectivo

aerostático (ms: aerostático; mpl: aerostáticos; fs: aerostática; fpl: aerostáticas)

  1. Pertencente ou relativo á aerostática ou ao aeróstato.
    • Exemplo: Naves aerostáticas.

  2. Que pode elevarse na atmosfera e quedar suspendido no aire porque o gas que contén é menos denso ca este.
    • Exemplo: Globo aerostático. Nave aerostática.

Termos relacionados

globo aerostático

  Substantivo feminino

aerostática

  •   Pronuncia: /aɛ.ɾos.'ta.ti.ka̯/ (AFI)
  1. (Física) Parte da mecánica que estuda o equilibrio do aire e doutros gases en estado de repouso, e dos corpos mergullados neles.
    • Exemplo: A aerostática baséase en dous principios fundamentais: o principio de Pascal e o principio de Arquímides.