atún de aleta amarela

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «atún de aleta amarela».
 
Atún de aleta amarela

  Locución substantiva masculina

atún de aleta amarela (sg: atún de aleta amarela; pl: atúns de aleta amarela)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos, capturado fundamentalmente para a elaboración de conservas. Atópase nas augas abertas de mares tropicais e subtropicais de todo o mundo. É similar ao atún vermello, aínda que máis pequeno. Alcanza unhas dimensións de 2 metros (cun máximo rexistrado de 239 cm), sendo máis habituais tallas desde os 40 cm até o metro e medio. O peso máximo rexistrado foi de 200 kg. Caracterízase pola lonxitude da segunda aleta dorsal e da aleta anal, moito máis longas que nas outras especies; estas aletas son de cor amarela brillante. As aletas pectorais son de tamaño medio: alcanzan o nacemento da segunda dorsal pero non chegan a superar a súa base. As pínnulas son de cor amarelo limón, co bordo negro. Mostra no dorso, de cor azul escuro, metálico, unhas bandas laterais amareladas. Os lados, por baixo da liña lateral, e o ventre, son de cor gris prateada, con raias case verticais finas ou puntos formando fileiras.

Sinónimos

Traducións