Galego

  •   Pronuncia: [aˈβɛɾ.tʊ] (AFI)

  Adxectivo

aberto (ms: aberto; mpl: abertos; fs: aberta; fpl: abertas)

  1. Separado ou fóra da abertura a través da cal impedía o paso.
  2. Que non está rodeado ou cercado de valados, muros, etc.
  3. De gran extensión e sen obstáculos.
  4. Sen edificios ou árbores que dificulten a visión.
  5. [Edificio] con xente vivindo nel.
  6. (Figurado) Con facilidade para relacionarse cos demais.
    • Exemplo: É un home moi aberto.

  7. (Figurado) Que acepta con facilidade as ideas novas, os costumes, etc.
  8. (Fonética) [Vogal] que se pronuncia separando a lingua do padal, de maneira que queda máis abertura para a saída do aire.
  9. (Medicina) Exposto ao aire, sen cubrir pola pel.
  10. (Veterinaria) [Cabalo] que marcha defectuosamente, a consecuencia de lesións do aparello locomotor.

Termos relacionados

  Verbo

aberto (ms: aberto; mpl: abertos; fs: aberta; fpl: abertas)

  1. Definición impropia: participio do verbo «abrir» ou «abrirse».