bido
Galego
bido (sg: bido; pl: bidos)
- (Botánica) Árbore da familia das betuláceas, de 15 a 20 metros de altura (excepcionalmente até 30), porte elegante, casca branca agrisada lisa, con bandas horizontais de cor gris escura apardazada e copa irregular; as follas, caducas, alternas, son de forma oval-triangular, co bordo dentado e o ápice agudo; as flores masculinas están reunidas en amentos colgantes, e as femininas en amentos ergueitos. Medra en solos húmidos e en brañas, cultivándose tamén como ornamental.
- Exemplo: En Galicia o bido é raro na beiramar, e case inexistente na zona de influencia mediterránea.
- Sinónimos: bídalo, bidueiro, bidueiro común, bidueiro pubescente.
- Exemplo: En Galicia o bido é raro na beiramar, e case inexistente na zona de influencia mediterránea.
- Madeira de esta árbore, branca, branda e lixeira, doada de traballar, usada para facer zocas, móbeis e apeiros de labranza.
- (Botánica) Nome común que reciben todas as especies do xénero Betula, entre as que destaca, ademais da descrita, a Betula verrucosa.
Termos relacionados
Traducións
- Nome científico: Betula pubescens.
- Alemán: Birke (de).
- Castelán: abedul (es).
- Catalán: bedoll (ca).
- Esloveno: breza (sl).
- Francés: baouleau (fr).
- Inglés: birch (en).
- Italiano: betulla (it), betula (it).
- Portugués: vidoeiro (pt), bétula (pt), vido (pt).