bolboreta
Galego
- Etimoloxía: do latín *belbellita.
- Pronuncia: /bolβoˈɾeta̝/ (AFI)
bolboreta (sg: bolboreta; pl: bolboretas)
- (Entomoloxía) Insecto da orde dos lepidópteros, do que existen numerosas especies, que se caracteriza por ter dous pares de ás e un aparello bucal composto por unha probóscide ou trompa que utiliza para chuchar o néctar das flores e que se enrola nunha espiral (espiritrompa).
- (Tecnoloxía) Dispositivo para deter ou regular o fluxo dun fluído mediante unha lámina que xira arredor dun eixe.
- Sinónimos: válvula de bolboreta.
- Peza de roupa, normalmente para homes, que se anoa no pescozo formando un lazo.
- Sinónimos: lazo.
- (Deportes) Estilo de natación no que o nadador en posición prona impúlsase mediante a ondulación do corpo, movendo os brazos simultaneamente en círculos e batendo xuntas as pernas na auga.
- Termos relacionados: bolboretista.
Termos relacionados
Traducións
- Alemán: Schmetterling (de)
- Asturiano: caparina (ast), pumarina (ast).
- Azarí: kəpənək (az)
- Bretón: balafenn (br)
- Castelán: mariposa (es)
- Catalán: papallona (ca)
- Cheién: hevávâhkema (chy), hevávȧhkema (chy)
- Cheroqui: ᎧᎹᎹ (chr)
- Chinés: 蝴蝶 (zh)
- Chipewyan: yágoli (chp)
- Francés: papillon (fr)
- Húngaro: lepke (hu)
- Inglés: butterfly (en)
- Italiano: farfalla (it)
- Náhuatl: papalotl (nah)
- Lituano: drugys (lt)
- Oneida: kana·wʌ́ (one)
- Polaco: motyl (pl)
- Portugués: borboleta (pt)
- Ruso: бабочка (ru)
- Turco: kelebek (tr)
- Vasco: tximeleta (eu), pinpilinpauxa (eu)