Galego

  Substantivo masculino plural

caprinos

  1. (Zooloxía) Subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, caracterizados polo tamaño mediano, constitución robusta e áxil e pola presenza de cornos en ambos os sexos. Habitan en zonas montañosas de Europa, Asia, África e Norteamérica, en terreos escarpados, en pequenos grupos, formados por un ou varios machos e bastantes femias, e comprende, entre outras especies, a cabra doméstica, Capra aegagrus hircus; as cabras montesas, (C. ibex e C. pyrenaica); a gamuza, Rupicapra rupicapra; os capricornios, (xénero Capricornis); o taquín, Budorcas taxicolor, e o boi almiscreiro, Ovibos moschatus.

Termos relacionados

Galería