champiñón silvestre
Galego
- Pronuncia: /t͡ʃampiˈɲoŋ silˈβɛstɾe̝/ (AFI)
champiñón silvestre (sg: champiñón silvestre; pl: champiñóns silvestres)
- (Alimentación) (Micoloxía) Cogomelo da familia dos Agaricaceae, de cor branca ou agrisada, chapeu hemisférico de novo e na madurez plano convexo, pé curto, groso e cilíndrico, con anel simple membranoso e branco. A carne é firme e compacta, que se colorea debilmente de cor rosácea ao corte. É comestíbel, de sabor doce.
- Nome científico: Agaricus campestris.