Galego

  •   Pronuncia: /koŋ.so.'naŋ.θja̯/ ou /koŋ.so.'naŋ.sja̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

  1. (Música) Calidade dos sons que, oídos simultaneamente, resultan agradábeis e harmónicos.
    • Exemplo: A consonancia dos acordes foi froito de moitas horas de ensaio

      .
  2. Por extensión, calidade das cousas que se combinan entre si de xeito harmónico ou que se corresponden de maneira lóxica.
    • Exemplo: Todis os actos deste político están en consonancia coa súa ideoloxía

      .
  3. (Literatura) Igualdade de todos os sons, vocálicos e consonánticos, a partir da última vogal acentuada, en dous ou máis versos.
    • Exemplo: En poesía, a consonancia require do poeta un extenso coñecemento do léxico.

Observacións

Na 1ª e na 2ª acepcións, seu sinónimo é harmonía, e antónimo disonancia.

Termos relacionados

rima asonante, rima consonante