copelación
Galego
- Etimoloxía: de copelar.
- Pronuncia: /kopelaˈθjoŋ/ (AFI)
copelación (sg: copelación; pl: copelacións)
- (Tecnoloxía) Proceso de refinado da metalurxia no que as aliaxes metálicas naturais se tratan a temperaturas moi altas e en operacións controladas, como o paso dunha corrente de aire pola masa fundida, para separar os metais nobres, como o ouro e a prata, a partir de metais comúns de base como o chumbo, o cobre, o cinc, o arsénico, o antimonio ou o bismuto, presentes nos minerais. Os metais non nobres precipitan en forma de óxido.
Termos relacionados
Traducións
- Castelán: copelación (es)
- Francés: coupellation (fr)
- Inglés: cupellation (en)
- Italiano: coppellazione (it)
- Portugués: copelação (pt)
Castelán
copelación (sg: copelación; pl: copelaciones)