corvo común
Galego
corvo común (sg: corvo común; pl: corvos comúns)
- (Ornitoloxía) Ave paseriforme da familia dos córvidos, Corvus corone Linné, de 47 cm de lonxitude, plumaxe totalmente negra, lustrosa, con peteiro robusto, tamén negro, e cola rectangular, que vive en Europa central, na Gran Bretaña e en toda a Península Ibérica. En Galicia é moi común, sobre todo en campos cultivados con árbores, e en esteiros e marismas.
- Sinónimos: corvo viaraz.
Observacións
- Até hai poucos anos, o corvo común clasificábase como Corvus corone corone, unha das subespecies que se diferenciaba doutra subespecie europea, Corvus corone cornix, distribuída por Europa oriental e sudoriental, países nórdicos, Islandia, norte de Escocia e Italia, e que pode chegar como divagante á Península Ibérica, en que esta última ten a plumaxe cinsenta no dorso, no peito e nas partes inferiores, coa cabeza, ás, patas e cola negras, polo que recibe o nome de corvo cinsento, e hoxe está considerada como unha especie á parte.