descarreirar
Galego
- Etimoloxía: de carreira.
- Pronuncia: /deskarejˈɾaɾ/ (AFI)
descarreirar
- Facer perder o rumbo a alguén, e desvialo do camiño correcto.
- Sinónimos: desnortar, descamiñar, desencamiñar, desorientar, extraviar.
- (Figurado) Apartar do bo camiño, do comportamento axeitado, a alguén.
- Sinónimos: desnortar, descamiñar, desencamiñar.
descarreirarse
- Perder alguén o rumbo, saírse do camiño correcto.
- Sinónimos: desnortarse, descamiñarse, desencamiñarse, desorientarse, extraviarse.
- (Figurado) Apartarse do bo camiño, do comportamento axeitado.
- Sinónimos: desnortarse, descamiñarse, desencamiñarse.
Antónimos
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | descarreirar |
Xerundio | descarreirando |
Participio | descarreirado, descarreirada, descarreirados, descarreiradas |
1 Vostede(s) |