Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «estalo».
 
estalo Digitalis purpurea L.
  •   Pronuncia: /esˈtalo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

estalo (sg: estalo; pl: estalos)

  1. Ruído breve e intenso dunha cousa ao estoupar, partir, romper, chocar...
  2. (Botánica) Planta herbácea da familia das escrofulariáceas, Digitalis purpurea Linné, bienal, de 60 a 150 cm de altura, cunha roseta basal da que xorde o caule; follas ovatolanceoladas, as da roseta basal pecioladas e as do caule co pecíolo cada vez máis curto segundo van ascendendo, até chegar a seren sésiles; flores cigomorfas, en forma de dedal, de 4 a 5 cm de lonxitude e cor purpúrea con manchas máis escuras no interior, reunidas en acios unilaterais, e froito en cápsula. É propia das rexións atlánticas de Europa e o norte de África, onde medra en terreos silíceos. Contén diversos alcaloides, como a dixitalina, utilizándose en medicina popular como tónico cardíaco.