Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abeluria».
  •   Pronuncia: [a.βeˈlu.ɾjɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

abeluria (sg: abeluria; pl: abelurias)

  1.  
    Digitalis purpurea.
    (Botánica) Planta herbácea da familia das escrofulariáceas, Digitalis purpurea, bienal, de 60 a 150 cm de altura, cunha roseta basal da que xorde o caule; follas ovatolanceoladas, as da roseta basal pecioladas e as do caule co pecíolo cada vez máis curto segundo van ascendendo, até chegar a seren sésiles; flores cigomorfas, en forma de dedal, de 4 a 5 cm de lonxitude e cor purpúrea con manchas máis escuras no interior, reunidas en acios unilaterais, e froito en cápsula. É propia das rexións atlánticas de Europa e o norte de África, onde medra en terreos silíceos. Contén diversos alcaloides, como a dixitalina, utilizándose en medicina popular como tónico cardíaco.
  2.  
    Hypericum pulchrum
    (Botánica) Nome común de varias plantas da familia das gutíferas ou hipericáceas pertencentes ao xénero Hypericum, especialmente Hypericum perforatum, perennes, erectas, con pólas, de caules de até 1 m de altura, glabros, follas tamén sen pelos, ovadas ou lineais, máis ou menos sentadas e cheas de puntiños visíbeis a contraluz, e flores, duns 3 cm, con pétalos amarelo dourados, con manchiñas negras, que tamén presentan os sépalos, común en toda Galicia.

Traducións