globo
Galego
- Pronuncia: /ˈɡlo.β̞o/ (AFI)
globo (sg: globo; pl: globos)
- Obxecto feito cun material flexíbel, que se infla con aire e adquire diversas formas, sobre todo de esfera, e se que se emprega normalmente como xoguete.
- Exemplo: Compreille uns globos ao meu neto.
- Exemplo: Compreille uns globos ao meu neto.
- Especie de bolsa moi grande en forma de esfera ou de pera, feita de material flexíbel, que se infla cun gas menos denso que o aire para que ascenda e que leva xeralmente unha especie de cesto onde poden ir persoas.
- Exemplo: Fixemos unha viaxe en globo na Capadocia.
- Exemplo: Fixemos unha viaxe en globo na Capadocia.
- Obxecto de vidro ou doutra materia, con forma de esfera ou aproximadamente de esfera, que recobre unha lámpada.
- Exemplo: Puxen uns globos no salón.
- Exemplo: Puxen uns globos no salón.
- Corpo en forma de esfera.
- Exemplo: O globo ocular.
- Exemplo: O globo ocular.
- Texto rodeado por unha liña que recolle os diálogos ou os pensamentos dos personaxes dun cómic, debuxo ou publicación similar.
- Exemplo: Lía os globos en voz alta pra que aprendese o neno.
- Exemplo: Lía os globos en voz alta pra que aprendese o neno.
- (Deportes) Traxectoria semicircular que describe unha pelota cando se tira moi alta, en deportes como o fútbol, o baloncesto, o tenis, etc.
- Exemplo: O pivote tirou un globo desde o centro da pista e encestou.
- Exemplo: O pivote tirou un globo desde o centro da pista e encestou.