hipérbole
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo ὑπερβολή (huperbolḗ).
- Pronuncia: /iˈpɛɾβo̝le̝/ (AFI)
hipérbole (sg: hipérbole; pl: hipérboles)
- (Retórica) Recurso estilístico de carácter semántico (un tropo), consistente nunha esaxeración desmesurada.
- (Xeometría) Lugar xeométrico dos puntos dun plano tal que o valor absoluto da diferenza das súas distancias a dous puntos fixos, chamados focos, é igual á distancia entre os vértices, que é unha constante positiva; isto é, unha curva aberta de dúas pólas. É unha sección cónica, obtida de cortar un cono recto por un plano oblicuo ao eixe de simetría cun ángulo menor que o da xeratriz respecto do eixe de revolución.