limpar
Galego
- Etimoloxía: do latín tardío limpidāre, do latín limpidus.
- Pronuncia: /limˈpaɾ/ (AFI)
limpar
- Deixar algo limpo, sen sucidade.
- Eliminar unha mancha.
- (Alimentación) Eliminar as partes dun alimento que non se cociñan.
- (Figurado) Eliminar o que non é necesario, ou o prexudicial e o molesto.
- (Figurado) Deixar algo máis nítido, puro ou correcto.
- Enxugar bágoas ou suor, repañar mucosidades.
- Deixar algo completamente baleiro do contido que tiña.
- (Coloquial) Deixar a alguén sen cartos nun xogo e gañar.
- (Coloquial) Roubar; coller ou levarlle algo a alguén.
Termos relacionados
- limpa
- limpabotas
- limpachemineas
- limpadoira
- limpador
- limpadura
- limpafontes
- limpamente
- limpaparabrisas
- limpauñas
- limpeiras
- limpeiro
- limpeza
- limpidez
- límpido
- limpo
Traducións
- Castelán: limpiar (es).
- Catalán: netejar (ca)
- Francés: nettoyer (fr).
- Inglés: to clean (en).
- Italiano: pulire (it)
- Polaco: czyścić (pl)
- Portugués: limpar (pt).
- Vasco: garbitu (eu)
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | limpar |
Xerundio | limpando |
Participio | limpado, limpada, limpados, limpadas |
1 Vostede(s) |
Portugués
- Etimoloxía: do latín tardío limpidāre, do latín limpidus.
limpar