malacopterixios
Galego
- Etimoloxía: de malaco- e -pterixio, do grego antigo μαλακός e πτέρυξ.
- Pronuncia: /malakoptɛˈɾiʃjo̝s/ (AFI)
malacopterixios (sg: malacopterixio; pl: malacopterixios)
- (Ictioloxía) Grupo de peixes de esqueleto óseo, con aletas compostas por raios brandos, flexibles e articulados, e corpo fusiforme con escamas dérmicas, como o salmón, a carpa, ou o bacallau. Era unha das dúas divisións dos teleósteos. Era unha das cinco ordes de peixes (Malacopterygii, Acanthopterygii, Branchiostegi, Chondropterygii e Plagiuri) nos inicios da ictioloxía.