Galego

  •   Pronuncia: /o.feɾ.'taɾ/ (AFI)

  Substantivo feminino

oferta
(sg: oferta; pl: ofertas)

  1. Proposta que se fai a alguén para chegar a un acordo nun trato.
  2. Prezo rebaixado co que se pon un produto á venda.
  3. Produto cun prezo rebaixado.
  4. (Dereito) Proposición unilateral que unha persoa fai a outra para establecer un contrato.
  5. (Economía) Cantidade de produtos que, nun momento determinado, compiten nun mercado para seren vendidos.
  6. (Relixión) Cousa que se dan á igrexa como sacrificio expiatorio ou para contribuír aos gastos do culto.

Termos relacionados

oferta pública de adquisición