Grafías semellantes:     Padrón

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «padrón».
  •   Pronuncia: /paˈðɾoŋ/ (AFI)

  Substantivo masculino

padrón (sg: padrón; pl: padróns)

  1. Listaxe dos habitantes dunha poboación.
  2. Modelo que serve para facer algo semellante.
  3. Algo que se emprega como modelo para avaliar ou medir algo.
  4. (Economía) Elemento ao que se liga o valor dunha moeda.
  5. Planta na que se enxerta outra.

  Substantivo

padrón (ms: padrón; mpl: padróns; fs: padroa; fpl: padroas)

  1. Persoa de máis idade dunha casa.
  2. Santo dun sitio ou dunha igrexa que posúe supostamente dotes protectoras para o lugar ou para un grupo determinado.
  3. Persoa que defende e axuda a outras ou a algo.