• Pronuncia: /'prak.ti.ko̯/ (AFI)#

Adxectivo

editar

práctico
(ms: práctico; mpl: prácticos; fs: práctica; fpl: prácticas)

  1. Pertencente ou relativo á práctica.
  2. Que ten en conta as accións prácticas, afastándose das consideracións teóricas.
  3. Que é útil e comporta un proveito.
  4. Dise de quen ten práctica en algo.

Substantivo

editar

práctico
(ms: práctico; mpl: prácticos; fs: práctica; fpl: prácticas)

  1. Persoa encargada de dirixir o rumbo das embarcacións nunha detrerminada zona.

Substantivo feminino

editar

práctica
(sg: práctica; pl: prácticas)

  1. Feito de realizar frecuentemente unha actividade.
  2. Habilidade adquirida ao realizar regularmente unha actividade.
  3. Feito de traducir en actos reais unha teoría ou un saber abstracto.
  4. Aquilo que se fai habitualmente.
  5. Exercicio que se fai para adquirir coñecementos nunha materia, ou para demostrar os que xa se teñen.